Mostrando entradas con la etiqueta Que somos e que defendemos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Que somos e que defendemos. Mostrar todas las entradas

viernes, 23 de marzo de 2012

Esquerda Anticapitalista: QUENES SOMOS


Quen somos? 

Esquerda Anticapitalista é unha organización revolucionaria, ecoloxista, feminista e internacionalista que se esforza por impulsar as loitas contra toda forma de opresión, explotación e dominación sobre as persoas e a natureza. As  mulleres e os homes de Esquerda Anticapitalista organizámonos politicamente para  volver a poñer de actualidade a necesidade dunha  ruptura revolucionariaque permita iniciar a construción dunha sociedade socialista autoxestionaria  libre de alienación, explotación e opresión, onde todo o mundo poida participar dunha forma democrática e pluralista na elección dun novo futuro colectivo.  

Que nos une? 

Un mundo liberado da ditadura do capital só pode vir a través dunha ruptura radical co (des) orde existente. Non podemos esperar nada bo dun sistema que xera millóns de desempregados, pobres e marxinados nos países ricos e centos de millóns de persoas famentas dos países do sur, nin facernos ilusións sobre un sistema ecoloxicamente insostible que ameaza  destruír o planeta. Mentres tanto, a crise deste "modelo"  civilizatorio non fai máis que agravarse e se acentúan  o militarismo, as limitacións ás liberdades e o desenvolvemento de ideoloxías reaccionarias e fundamentalistas. Cremos que hai que promover unha estratexia contrahexemónica de construción dun bloque político, social e cultural alternativo, capaz de promover procesos de converxencia entre os distintos movementos sociais en torno á loita por reformas  non reformistas e reivindicacións de carácter transitorio cuxa conquista e consolidación requerirán un enfrontamento co sistema e a lóxica do capital. 

domingo, 4 de marzo de 2012

Comunicado de Esquerda Anticapitalista ante a violencia policial no País Valencià


As violentas actuacións policiais que comezaron coa detención dun estudante do IES Luís Vives de Valencia o día anterior á Folga do pasado xoves 16 de febreiro . Onte. día 20, as forzas policiais entraron no IES Luis Vives e se produxeron novas agresións e detencións: ás 10 da noite continuaba a pugna entre policía e manifestantes fronte o mesmo instituto e á Estación del Norte da cidade, mentres o total de persoas detidas elevábase xa a vinte e unha.


As protestas estudantís tiveron como orixe a escalada de recortes no ensino público, cuxo último peldaño foi o decreto de medidas urxentes para a redución do déficit do Consell de la Generalitat Valenciana do 5 de xaneiro. O decreto veu seguido - con só un mes de distancias entre ambos- pola Reforma Laboral aprobada polo goberno estatal do PP.  No País Valencià producíronse xa unha cadea de accións de protestas masivas, comezando pola manifestación en defensa do ensino público do 21 de xaneiro, a do conxunto da Administración Pública do 26 dese mesmo mes, a manifestación estudantil do 16 de febreiro e as manifestacións contra a Reforma Laboral do pasado domingo 19.