As violentas actuacións policiais que comezaron coa
detención dun estudante do IES Luís Vives de Valencia o día anterior á Folga do
pasado xoves 16 de febreiro . Onte. día 20, as forzas policiais entraron no IES
Luis Vives e se produxeron novas agresións e detencións: ás 10 da noite
continuaba a pugna entre policía e manifestantes fronte o mesmo instituto e á
Estación del Norte da cidade, mentres o total de persoas detidas elevábase xa a
vinte e unha.
As protestas estudantís tiveron como orixe a escalada de recortes no ensino público, cuxo último peldaño foi o decreto de medidas urxentes para a redución do déficit do Consell de la Generalitat Valenciana do 5 de xaneiro. O decreto veu seguido - con só un mes de distancias entre ambos- pola Reforma Laboral aprobada polo goberno estatal do PP. No País Valencià producíronse xa unha cadea de accións de protestas masivas, comezando pola manifestación en defensa do ensino público do 21 de xaneiro, a do conxunto da Administración Pública do 26 dese mesmo mes, a manifestación estudantil do 16 de febreiro e as manifestacións contra a Reforma Laboral do pasado domingo 19.
Todo isto sen contar as numerosas accións nos centros, localidades e comarcas, que vanse sucedendo sen interrupción, en particular no ensino, pero tamén ante outras agresións como a suba das taxas municipais da recollida de lixo nunha serie de localidades da comarca de l'Horta.
Ante as actuacións policiais e os recortes no
ensino foron convocadas xa unha xornada de protestas para o xoves 23 e unha
nova folga con manifestacións para o mércores día 29. Por outra parte
sindicatos do ensino, partidos de esquerdas e organizacións sociais reúnense
mañá día 21 para decidir as accións a realizar ante a represión policial e o
día 25 volveranse producir manifestacións contra os recortes da Administración
Pública.
A brutal e desmesurada intervención policial -que a delegada do goberno Paula Sánchez de León apoia- ten uns obxectivos claros: intimidar ó máximo ás estudantes para impedir a súa mobilización e crear un clima de medo social que permita a criminalización do incipente movemento. Como estamos afeitos a esta forma de obrar por parte do aparato represivo do estado que en anteriores ocasións -recentemente co 15M, hai algún tempo xa co movemento antiglobalización- demostrou unha certa eficacia, imponse obrar con intelixencia e prudencia. A presenza de provocadores e infiltrados policiais debe ser motivo de seguimento e denuncia, o tempo que é preciso evitar accións que faciliten a represión e poidan crear clima de medo e o illamento do movemento.
Imponse a máxima solidariedade e apoio coas persoas
detidas e continuar de xeito firme e decidido coas mobilizacións pola liberdade
das persoas detidas, contra os recortes e a reforma laboral, buscando a máis
ampla unidade sindical e social posible, a coordinación entre os sectores en
loita e a organización por abaixo, en centros, localidades e comarcas, que
permita a súa extensión e continuidade no tempo. Esquerda Anticapitalista porá
todo o seu esforzo para traballar nesa dirección.
Liberdade
das detidas en Valencia!
Dimisión
da delegada do goberno e dos responsables policiais!
Nin
un recorte máis! Retirada do decreto de medidas urxentes do Consell de la
Generalitat Valenciana e da Lei de Reforma Laboral!
No hay comentarios:
Publicar un comentario