domingo, 4 de marzo de 2012
Entrevista a Tariq Alí: "A maioría da xente de Siria quere que o clan Assad se vaia"
[O escritor e activista dixo que unha intervención externa en Siria sería desastrosa e levaría a un baño de sangue. Afirma que China e Rusia están nunha posición forte para traer o cambio sen violencia.Transcrición da entrevista con Tariq Alí na Russia Today 15 de febreiro.]
O Presidente Assad parece estar agarrado ao poder en Siria. Pensas que hai alguna hipótese de que caia nun futuro próximo?
Parece improbable que saia voluntariamente. Debe ser empurrado. O pobo sirio está, obviamente, facendo todo o posible dentro do país. Aínda máis perigosas son as presións externas, especialmente de Estambul e da OTAN para intentar organizar unha intervención. Isto sería desastroso e levar a un baño de sangue masivo. Moito, moito peor que o que pasou en Libia.
A mellor forma sería a presión forte de países que non son vistos como hostís á Siria, Rusia e China, e outros. E que a presión interna se manteña. Cómpre dicirlle a-Assad, en termos claros que se ten que ir, que se seu pai derramou moito sangue en Siria, el está facendo o mesmo, que esta familia é inaceptable e que este país necesita un gobernó nacional non-sectario que prepare unha nova constitución.
Os líderes árabes están a defender o enviar a Siria unha forza de paz da Liga Árabe e da ONU. O presidente Assad xa rexeitou esta proposta. ¿Que pensas da idea?
Non creo que sexa unha boa idea a de enviar unha chamada "forza de mantemento da paz." En primeiro lugar, necesitamos ver o que é a Liga Árabe. A Liga Árabe é esencialmente unha organizaciónmoribunda á que se lle dá vida cando Occidente precisa dela. Non tivo un papel activo nos últimos 25 anos, en calquera sentido positivo, na rexión. Non parou a guerra en Iraq, apoiou a guerra en Libia, e vai ser usada probablemente como un representante para tentar empurrar a intervención de tropas estranxeiras en Siria, á cal me opoño totalmente. Se hai unha cousa que penso que Siria non necesita é precisamente de exércitos estranxeiros. Vimos o que iso significou en Iraq, xa vimos o que pasou en Libia.
Pero a implicación da Liga Árabe, que é unha especie de un grupo rexional, non sería mellor que a implicación da ONU ou da OTAN, que son organizacións externas?
É bo ter observadores, sempre que fagan o seu traballo correctamente. Pero tropas estranxeiras? Quen serán os soldados estranxeiros enviados pola Liga Árabe? Sauditas ou qataríes ¿? Son estes os grandes exemplos de democracia na rexión? Ridículo, non ten sentido. Eu creo que é necesario manter a presión externa sobre Assad. A presión non violenta permanente que diga que se ten que ir agora. Eu creo que chineses e rusos están agora nunha posición de forza para facelo, dicindo nós evitamos efectivamente unha intervención en Siria, pero Assad se ten que ir agora. E poner en pé un goberno nacional.
Os outros que, obviamente, son capaces de presionar a Assad son os iranianos e Hezbollah. Todas esas forzasteñen que ver agora que é imposible que Siria segua a estar rexida por esta familia, a camarilla sectaria gobernante. Canto máis cedo saian, mellor para Siria.
En termos de forzas externas, a Liga Árabe decidiu suspender todas as relacións económicas e políticas co goberno sirio. Pensa que iso terá algún efecto práctico?
Probablemente non. Porque outros países non o van facer, os iranianos non van facer o mesmo e son un importante socio comercial, e Líbano tampouco creo que se vaia implicar a ese nivel. Así, non vai ter un gran impacto. Eu creo queo único idioma entendido polo clan Assad e os militares que o rodean é unha postura moi firme de China e de Rusia. Eu creo que están nunha posición forte para traer o cambio sen violencia.
Ve a Siria quedándose cada vez máis illada na rexión, e que efecto terá ese illamento en Irán?
Eu creo que están quedando illados. Creo que os iranianos son un Estado independente, un dos poucos estados soberanos na rexión e que saben coidar de si mesmos. Non creo que a caída de Assad afectase a Irán, porque sería un interese do goberno sirio, se fose democrático e representativo, manter boas relacións con todos estes países.
Teño que dicir que cando miramos para o que Occidente fixo en relación ao levantamento e á crise en Iemen, onde a matanza continúa, o que está facendo en Siria non se sostén. O ex presidente iemení está a ter tratamento médico nos Estados Unidos. Este dobre estándar levanta moitas sospeitas sobre os motivos de Occidente. E os principais países que están presionando por unha intervención externa en Siria son Arabia Saudita e Qatar. Esencialmente, a eles lles gostaría ter unha versión siria dos Irmáns Musulmáns que gobernase o país. Ese é o novo acordo para a rexión árabe, e os Estados Unidos van a seguilo, como fixeron no pasado.
Di que China e Rusia están agora nunha posición negociadora moi forte. Con todo, a visita do Ministro Lavrov á Siria non parece haber tido ningún efecto até o de agora.
Creo que no caso de que sigan así, e o clan Assad e familia se negan a saír e abandoar o seu puño de ferro do país, máis tarde ou máis cedo alguna cousa desastrosa vai pasar. Posiblemente incluíndo algún tipo de intervención externa. E como vai acabar isto? Eu non creo que eles queiran acabar coma Gaddafi ou Saddam Hussein, linchado pola multitude ou por tropas estranxeiras. Ese é o futuro que teñen de fronte, non hai outro.
Imos falar sobre a complexidade de forzas en Siria neste momento. Tivemos información de que existen forzas británicas e de Qatar que operan clandestinamente en Siria. Pensas que isto pode ser verdade?
É perfectamente posible. As forzas británicas e de Qatar actuaron ilegalmente en Libia, moito antesde que iso foise feito publico, e agora o sabemos. Isto é o que eles fan, intervir neses conflitos para desvialos na dirección que eles queren. Non teño ningunha proba diso, pero non me sorprendería nada que o estivesen facendo.
E en canto aos iranianos? Houbo informacións, que foron desmentidas, que falan de 15 000 soldados iranianos camiño de Siria.
Iso non o sei. Penso que ante as presións que Irán está a sufrir neste momento, de Occidente, coa Unión Europea impoñendo sancións, os americanos facendo ameazas e os israelíes
querendo bombardear sería moi estrano que enviaran tropas ao exterior. Pero non temos probas, nin das tropas británicas e qataríes, nin das iranianas. Se digo que unha é posíble, a outra tamén podería ser posible, as dúas sería unha tolería.
Vimos a propagación da violencia dende a cidade de Homs a unha segunda cidade, Aleppo , e os Estados Unidos din que Al Qaeda está implicada niso.Se Siria está substancialmente infiltrada por terroristas, que pensa que vai a ocorrer? Dará a Occidente unha escusa para promover algún tipo de operación militar no país? Ou, por outra banda, deixarán aos terroristas facer o seu traballo de derrubar o presidente Assad?
Poden facelo, Al Qaeda está actualmente moi feble, úsase principalmente para asustar aos nenos da casa. Ten moi pouca forza militar. O seu líder, Zawahiri, difundiu un comunicado dicindo que el é parte da loita para derrubar a Assad. Pero ten moi pouca forza e non creo que debamos darlle moito crédito ás palabras de Al Qaeda ou esaxerar a ameaza que representa. O feito é que a esmagadora maioría do pobo sirio quere a familia Assad fora. Esa é a cuestión fundamental que necesitamos entender e que el ten que entender.
Moitos comentaristas, referíndose a primavera árabe en xeral, dixeron que a violencia e a incerteza dos seus resultados permitirán á Irmandade Musulmá aparecer como a única organización que é capaz de sacar proveito dela. Ten medo que isto ocorra en Siria?
Ben, eu non os apoio politicamente, non creo que sexa o interese de Siria ter un goberno islámico moderado ou extremista. Parece que o patrón é dicir agora que o modelo turco, o do goberno turco, é o mellor modelo para o mundo árabe. Disinto totalmente con iso. Ademais, eu non creo que sexa un bo modelo nin para Turquía. Pero o feito é que, si fose o único poder no país e houbera eleccións , van chegar ao poder, como na Tunisia e en Exipto. Temos que afrontar isto. Eu vexo estes grupos como partidos islámicos semellantes aos demócratas-cristiáns, organizacións socialmente conservadoras, pero perfectamente satisfeitas en seguir as tendencias económicas que dominan Occidente e por manter relacións con Estados Unidos. O fixeron antes, os turcos son un forte membro da OTAN e estes países probablemente seguirán o mesmo camiño. Agora, se isto é o que realmente quere o pobo árabe, isa é unha cuestión moi diferente.
Isto fai parecer aos Irmáns Musulmáns coma unha alternativa benigna. Pensas que as minorías cristiás e outras teñen algo que temer da parte deles?
Sempre hai no interior dos partidos islámicos moderados unha corrente que pensa que non poidendo ofrecer ao pobo o que realmente queren, que é un nivel de vida decente, unha rede de seguridade social, desvían a atención atacando minorías. Os Irmáns Musulmáns xa o fixeron en relación aos coptos en Exipto e non é imposible que, se aparecesen en Siria, rematasen facendo o mesmo. Iso non é de forma algunha unha cousa boa, pero temos que esperar e ver. Se fose o que a maioría do pobo realmente quere, entón vai acabar pasando.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario