sábado, 17 de noviembre de 2012

A escalada militar e as mentiras de Israel | Alain Gresh

 De @CarlosLatuff
Para comprender a escalada en Gaza, sempre é bo recordar algúns datos sobre ese territorio ocupado desde 1967 por Israel: 360 quilómetros cadrados e máis de 1,5 millóns de habitantes; é dicir, máis de 4.500 persoas por quilómetro cadrado, o que fai del un dos lugares do planeta no que a densidade de poboación é máis elevada. Aínda coa retirada do exército, os seus accesos co mundo exterior seguen estando controlados por Israel; a circulación no interior desta estreita franxa de terra está limitada e o bloqueo establecido desde hai anos perdura. Para as Nacións Unidas, Gaza segue sendo un territorio ocupado.

Os datos que seguen están proporcionados pola Oficina das Nacións Unidas para a Coordinación dos Asuntos Humanitarios nos Territorios Palestinos (OCHAoPT), nun documento de xuño de 2012 titulado "Five Years of Blockade : The Humanitarian Situation in the Gaza Strip" /1.


  • Foi en xuño de 2007 cando o goberno israelí decidiu intensificar o bloqueo deste territorio, que xa estaba severamente "controlado".
  • O 34% da poboación (o 50% entre a xente jóven) está no paro.
  • O 80% da poboación depende da axuda alimentaria.
  • O PNB por habitante en 2011 era, en termos constantes, un 17% inferior ao de 2005.
  • En 2011, saía de Gaza un camión ao día con produtos para a exportación, é dicir menos do 3% da cifra de 2005.
  • O 35% das terras cultivabábeis e o 85% das augas para a pesca son parcial ou totalmente inaccesíbeis para a poboación de Gaza por mor das restricións impostas polos israelís.
  • O 85% das escolas deben funcionar con "dobre quenda", un pola mañá e outro pola tarde, debido á sobrepoblación.




Toda guerra vai acompañada dunha propaganda intensa e o goberno israelí demostrou ser un artista neste terreo. Xa asistimos a unha ofensiva mediática durante a ofensiva de decembro 2008-xaneiro 2009 (Marie Bénilde, "Gaza: chumbo endurecido nas cabezas" /2). Intelectuais franceses, entre eles o incríbel Bernard-Henri Lévy /3, contribuíron á desinformación.

Nesta ocasión, o home asasinado por Israel, Ahmed Jabari, era o xefe do á militar de Hamas. Numerosos medios de comunicación preséntano como un "terrorista" e responsábel de tódolos ataques contra Israel. Unha imaxe que, máis aló ata do uso do termo moi ambiguo de "terrorista", non ten nada que ver coa realidade. Unha vez máis, foi un xornalista israelí, Aluf Benn, quen puxo os puntos sobre as íes ("Israel killed its subcontractor in Gaza", Haaretz, 15 de novembro /4):


"Ahmed Jabari era un subcontratista, responsábel do mantemento da seguridade de Israel na banda de Gaza. Sen dúbida, esta cualificación parecerá algo absurda para quen, no curso das últimas horas, viron a Jabari descrito como un "archi-terrorista", "o xefe do persoal do terror", ou "o noso Bin Laden".
"Con todo durante estes cinco anos e medio esa foi a súa función. Israel esixiu a Hamas que garantise a tregua no sur e fixésea cumprir ás numerosas organizacións armadas da banda de Gaza. O home a quen se confiou esa tarefa foi Ahmed Jabari".

Basta con observar os gráficos publicados polo propio Ministerio de Asuntos Exteriores israelí sobre os disparos de foguetes ("Palestinian ceasefire violations since the end of Operation Cast Lead", 14 de novembro de 2012) /5, para decatarse de que, en xeral, a tregua foi real ao lado palestino. Só foi rota polos ataques do exército israelí os días 7, 8 e 13 e 14 de outubro.

Estas escaladas sempre teñen a súa orixe en asasinatos selectivos de militantes palestinos en Gaza; execucións extraxudiciais que constitúen unha vella práctica do goberno israelí (á que se sumaron os Estados Unidos desde fai tempo). Quen dixo "terrorismo?" /6.

En 2008, o desenvolvemento dos acontecementos foi exactamente o mesmo. Mentres de lado palestino respectábase a tregua desde xuño de 2008 /7, o asasinato de sete militantes palestinos en novembro desencadeou unha escalada de enfrontamentos e a operación "Chumbo duro".

Sobre as violacións por Israel dos cesamento do fogo durante os últimos anos, pódese ler Adam Horowitz, "Two new resources : Timeline of Israeli escalation in Gaza and Israel's history of breaking ceasefires" (Mondoweiss, 14 de novembro de 2012) /8.

Por outra banda, é difícil falar dun enfrontamento entre dous partes: os F-16 israelís e os foguetes palestinos non son armas equivalentes. O balance humano desde a tregua de xaneiro de 2009 que seguiu á operación "Chumbo duro", confírmao. O balance da organización israelí de defensa dos dereitos humanos B´Tselem sobre os palestinos e israelís mortos en Gaza desde o 19 de xaneiro de 2009 ata o 30 de setembro de 2012( Fatalities after operation "Cast Lead" /9) é claro:

271 palestinos (deles 30 menores) contra 4 israelís.

As cifras falan por si soas...


15/11/2012


Traducción: nosa a partir da traducción ao castelán de Faustino Eguberri para VIENTO SUR

Notas
6/ “De Gaza à Madrid, l’assassinat ciblé de Salah Shehadeh”, por Sharon Weill, Le Monde diplomatique, septiembre 2009. http://www.monde-diplomatique.fr/2009/09/WEILL/18101
7/ “List of Palestinian rocket attacks on Israel, 2008”, Wikipedia,http://en.wikipedia.org/wiki/List_of_Palestinian_rocket_attacks_on_Israel,_2008














No hay comentarios:

Publicar un comentario