6.11.09

O CAPITALISMO, UN SISTEMA ECOLOXICAMENTE NON SUSTENTÁBEL










Dende hai décadas asistimos a un grande crecemento demográfico e a un deterioro progresivo e acelerado do planeta (deforestación das selvas tropicais, desxeo dos Polos, contaminación de ríos e mares, contaminación atmosférica, ….)

Unha serie de factores combinados están a provocar un fenómeno chamado CAMBIO CLIMÁTICO que está a pór en risco a vida de moitos ecosistemas, especies e finalmente a nosa propia.

O CAMBIO CLIMÁTICO é, en grande parte, consecuencia da concentración da poboación nas cidades e dos procesos industriais intensivos(por exemplo a produción de enerxía), que utilizan combustíbeis fósiles, como petróleo, gas e carbón. Estes procesos xeran CO2(dióxido de carbono), principal axente causante do efecto invernadoiro, estando as cantidades emitidas a atmosfera directamente relacionadas cos ritmos frenéticos de producción-consumo, co irracional xeito de transporte(nomeadamente nas cidades), e co crecente acceso da poboación do primeiro mundo a servizos básicos como auga quente e calefacción.

O incremento exponencial do CO2 nos derradeiros anos do século XX e o que levamos de XXI, está a provocar unha grande variabilidade e profundas mudanzas no clima e unha frecuencia maior e aleatoria dos desastres naturais(sequías, asolagamentos, ciclóns, etc..), que ademais doutras consecuencias, nos levan á situación actual de pobreza e fame de máis de 1.100 millóns de persoas.

Este fenómeno agrávase por mor de que a meirande parte dos recursos naturais , que deberían ser de titularidade colectiva e xestionados publicamente con criterios de igualdade e sustentabilidade, están en mans privadas e das grandes multinacionais que o único que perseguen e tirar o máximo beneficio desprezando a maioría da sociedade e o futuro das vindeiras xeracións.

O CAMBIO CLIMÁTICO, é consecuencia da mala xestión da enerxía e dos recursos naturais en xeral a escala planetaria, e o culpábel deste caos e depredación sistematica e planificada ten un nome, O Capitalismo.

Un dos principios teóricos do capitalismo máis significativos, que o sitúa fora da realidade ecolóxica, é a tese da necesidade dun crecemento indefinido para ser viábel.

Este principio entra en contradición coa viabilidade ecolóxica do planeta. Se a clásica contradicción capital-traballo sumámoslle a emerxente contradición capital-natureza(calquera sistema sostible non pode medrar indefinidamente e debe respectar os limites que lle establece a propia natureza), chegaremos a conclusión que o capitalismo é coma un cancro que de non extirpalo provocará irremisibelmente a destrución da natureza e de nos mesmos.

Para facermos fronte a depredación e rapina do medio natural polo capitalismo, os traballadores, labregos, gandeiros, movementos sociais, etc.. só temos unha alternativa: O desenvolvemento de Resistencias Anticapitalistas que conflúan nun grande movemento político-social anticapitalista a escala mundial, na procura dun novo modelo socialista que estableza unha economía democrática, participativa e solidaria que serva á sociedade e non a intereses particulares.

É, xa que logo, imprescindíbel no momento actual camiñarmos, se é posíbel a “marchas forzadas”, cara a construción dun grande Movemento Anticapitalista cuxo obxectivo sexa a medio prazo desaloxar do poder as forzas políticas clásicas(dereita e socialdemocracia) que non son máis que xestores do capitalismo e a economía de mercado, para mudalo por un novo sistema político-económico que troque o beneficio e o consumo pola igualdade, participación, solidariedade e respecto ó medio ambiente.

Esquerda Anticapitalista Galega vai estar a fronte da construción deste movemento e chama a todos aqueles que coincidan cos nosos análises a sumarse a loita e para elo a organizarse e comprometerse.

CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO, NACIONALIZACION DO SECTOR ENERXÉTICO

PORQUE AS NOSAS VIDAS VALEN MÁIS CÓS SEUS BENEFICIOS

OUTRO MUNDO É POSÍBEL, OUTRO CAPITALISMO É IMPOSÍBEL


O GALO VERMELLO(06/11/09)

28.10.09

A NOSA SAÚDE NON PODE SER UN NEGOCIO


A voracidade do capitalismo neoliberal non ten limites. Despois de se facer con sectores extratéxicos(enerxía, telecomunicacións, autoestradas...), e servizos públicos urbanos(auga, lixo, transporte urbano,....) agora bótalle o dente os servizos públicos esenciais: ensino, sanidade, benesar social, terceira idade, ...

Se o argumento que usaron antes para apropiarse dos bens públicos, era que a xestión privada era mais acaida que a pública, agora o pretexto é distinto aÍnda que o resultado sexa o mesmo : A crise económica fai imposible a financiación pública dos centros sanitarios e de atención aos grupos desfavorecidos,(teceira idade, marxinados,...), polo que o goberno, neste caso a Xunta do PP, recorre a financiación privada e deste xeito pode ir saldando as facturas aínda non cobradas polos grupos mediáticos e empresariais que os apoiaron.

Así mentres a Xunta reduce persoal, escatima e recurta recursos, despide a profesionais e non contratra os que se precisan, nun perfecto exponente do que é o modelo capitalista neoliberal, AS LISTAS DE ESPERA MEDRAN E OS TEMPOS DE CONSULTA E INTERVENCIÓN NON SE CONTAN POR DIAS SENÓN POR MESES E ANOS.

O deficit sanitario crónico na comarca de Vigo que se pretendía remediar co Novo Complexo Hospitalario, xa non se fará conforme a necesidades, e as características có que foi planificado. Redúcese a metade o número de camas, non se dotan suficintemente os recursos especializados, nin o Centro Avanzado de Tratamento do Cancro, nin a investigación e formación de novos e bos profesionais.

Esta redución convirte un PROXECTO PÚBLICO nun HOSPITAL-NEGOCIO LUCRATIVO deseñado a medida e xeito da financiación privada: UN CONSORCIO PRIVADO FORMADO POR UN BANCO, UNHA CONSTRUTORA E UNHA EMPRESA SANITARIA, SERÁN OS XESTORES ENCARGADOS DE EXPRIMIR AO MÁXIMO OS BENEFICIOS MENTRES DURE A CONCESION A COSTA DUNHA DRÁSTICA MERMA DA CALIDADE DO SERVIZO E DA REDUCIÓN BRUTAL DE PERSOAL E RECURSOS.

A bisbarra seguirá sen o Complexo Hospitalario necesario, e os profesionais sanitarios e os doentes sen medios nin remedios.

Pola contra os capitalistas do Consorcio aumentarán o botín cada ano que pase como piratas que son, e se a alguén se rebela non dubidarán en acudir as forzas represivas a repartir paos a os sanitarios e doentes como fixeron en Povisa fai uns meses.

Os militantes de ESQUERDA ANTICAPITALISTA GALEGA apoiamos a loita da PLATAFORMA POLA DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA e estaremos nesta loita, como sempre fixemos, do lado dos traballadores, dos explotados e oprimidos.

 POR UNHA SANIDADE PÚBLICA CON BOS PROFESIONAIS, EMPREGO ESTABEL E COS RECURSOS TECNICOS E CIENTÍFICOS NECESARIOS. NON A PRECARIEDADE DA FINANCIACIÓN PRIVADA CAPITALISTA!!!

 CONTRA O DESMEMBRAMENTO E CONFISCACIÓN POR EMPRESAS PRIVADAS DO SISTEMA SANITARIO!!!!

 EN CONTRA DA PRIVATIZACIÓN DA SANIDADE E EN DEFENSA DO SISTEMA DE SANIDADE PÚBLICA!!!!!

 POLA FINANCIACION TOTALMENTE PUBLICA A PARTIR DO AUMENTO DA FISCALIDADE SOBRE AS GRANDES FORTUNAS E OS BENEFICIOS DA BANCA, ELÉCTRICAS, TELECOMUNICACIÓNS E SECTOR PRIVADO CON GRANDES LUCROS!!!!

 AS NOSAS VIDAS E A NOSA SAÚDE SON MÁIS IMPORTANTES CÓS SEUS BENEFICIOS!!!!

 OUTRA GALIZA É POSÍBEL, OUTRO CAPITALISMO É IMPOSÍBEL!!!!

24.10.09

ABEL CABALLERO(Socialista?) CENSURA A HISTORIA. O PSOE VIGUES CÓMPLICE


O Alcalde ¿socialista? de Vigo Abel Caballero impediu a colocación dunha placa en lembranza dos asesinados pola sublevación fascista do 36 nun acto programado para o día de hose pola ASOCIACION VIGUESA POLA MEMORIA HISTÓRICA DO 36, e o PSOE local cala convertíndose en cómplice.

Egocéntrico, impresentábel e desleal cos compañeiros socialistas que defenderon até o final e derramaron a súa sangue pola República.

Como pode este personaxe chamarse socialista e negar o dereito á lembranza e recoñecemento dos represaliados sumándose ás teses da dereita do esquecemento? Como O PSOE local non lle fai fronte e sumisamente faise cómplice? Cando os compañeiros socialistas se darán conta que o o que os seus dirixentes chaman “socialismo” non é máis que “socialdemocracia de dereitas”?

ESQUERDA ANTICAPITALISTA GALEGA estará sempre do lado dos silenciados, censurados e oprimidos. A nosa solidaridade coa ASOCIACION VIGUESA POLA MEMORIA DO 36 e o noso apoio a súa loita.

SAÚDE E REPÚBLICA.

LEVIATAN(Ex BNG)

19.10.09

SANTIAGO 18 DE OUTUBRO : MÁIS DE 50.000 GALEGOS REBÉLANSE E FANLLE FRONTE Á XUNTA DO PP POLA DEFENSA DO NOSO IDIOMA














As/os militantes e simpatizantes de ESQUERDA ANTICAPITALISTA GALEGA estivemos alí, neste intre histórico, no que o pobo galego volta a tomar o destino nas súas mans e berra un contundente NON aos intentos xenocidas da Xunta do PP e do capitalismo para aniquilar, paseniñamente, pero sen pausa, o idioma galego, o que falaron os seus antergos e do que eles renegan abertamente, en sintonía cos lacaios da burguesía galega, que sempre tivo a cachucha virada para o centro e que sempre concebiu Galiza como un botín.














Dende o primeiro intre integrámonos na Plataforma QUEREMOS GALEGO e na medida das nosas forzas puxémolas ao seu dispor na tarefa común que ten que atinxir a tódolos galegos de seu para acadar o noso obxetivo que non é outro que darlle ao noso idioma os dereitos que lle corresponden e que a Xunta do PP, elites sociais, burguesía e os "os tontos útiles" da pequena-burguesía, lle pretenden negar coa derradeira meta de reducir o idioma a un motivo de museo etnográfico, no que as vindeiras xeneracións poderán comprobar con tristura que tivemos unha lingua, unha literatura, e unha cultura que uns renegados malnacidos da propia terra se encargaron de aniquilar nunha auténtica acción premeditada e xenocida.

Nos seguiremos a loitar, cóbado con cóbado, e sen dar un paso atrás, con todos aqueles "bos e xenerosos" que coincidan con nos na reivindicación democrática de restabelecer os dereitos da nosa lingua, hoxe amenazada, e ao mesmo tempo, tentaremos de explicar e convencer a quen nos quera escoitar que a imposición do castelán(a lingua do capital na Galiza), é unha estratexia do capitalismo a medio prazo, coa que colaboran activamente a dereita e parte da socialdemocracia, de laminar todo aquelo que signifique diferenza, na procura dunha homoxenización do Estado Español, máis acorde cos obxetivos de máximo lucro inherentes ao sistema capitalista e a economía de mercado.

POLA DEFENSA DA NOSA LINGUA E CULTURA

OUTRA GALIZA É POSÍBEL,
MAIS SEN O GALEGO, É IMPOSÍBEL


POLA SOBERANÍA NACIONAL, POLA AUTODETERMINACIÓN

LEVIATAN(Ex BNG), 19-10-2009

10.10.09

SOBRE A "ROLDA DE REBELDÍA"

Esta é unha posición dun militante de Esquerda Anticapitalista Gelega, non da organización como tal. Cómpre deixalo claro para evitar confusións interesadas.

Aparentemente Encontro Irmandiño (en adiante EI)lanza unha proposta "aberta" que tenta debatir e agrupar aos sectores da esquerda transformadora galega... até aquí todo ben, pero en canto analizamos o tema máis a fondo de seguido aparecen serios problemas tanto na análise previa como nas propostas de discusión.

En canto a análise semella contrapor unha sociedade anterior capitalista "boa" coa deriva actual "mala": "...cambio radical deste modelo de sociedade que mudou nun nocivo sistema.." Hai pois un certo tufo a ese "capitalismo ético" do pasado que habería que recuperar segundo as teses de Sarko e demais pregoeiros da ética do capitalismo... Un capitalismo segundo o acrítico modelo nórdico.

-PARA NÓS A CONSIGNA SEGUE A SER:"QUE OUTRO CAPITALISMO É IMPOSIBLE" E POR TANTO NON DEBEMOS CAER NO ERRO DA SÚA REFORMA OU DA SÚA BOA ADMINISTRACIÓN OU XESTIÓN. POR ISO OPÓMONOS AOS PACTOS CO PS PARA GOBERNAR O SISTEMA, E ESTA É UNHA CUESTIÓN CENTRAL QUE BEIRAS E OS SEUS NON DESBOTAN, SENÓN TODO O CONTRARIO: AGARDAN CONSTITUÍR "GOBERNOS DE PROGRESO" COS PS, POIS SÓ CONTEMPLAN A TRANSFORMACIÓN DA SOCIEDADE DENDE AS PROPIAS INSTITUCIÓNS DO PODER ACTUAL (ollo! non confundir coa utilización dos mesmos a prol das reivindicacións e loitas sociais...)

Neste contexto, tamén é de suliñar o confusionismo na linguaxe empregada, unha linguaxe con tintes moi socialdemócratas: "busca dunha organzización político-social" (como se a construción dunha organización política da "esquerda transformadora" poidese facerse á marxe da parte "social"... tal terminoloxía só ten sentido cando se agocha unha visión da política precisamente carente de programa e ideas) Compróbese como esta particular concepción agroma axiña cando fala de "trascender o inservible modelo clásico" (enténdese de partido:prexuízo que determina todo: o modelo clásico é inservible, pero non se sabe cal é o modelo clásico, se o da UPG, sen dereito a tendencias no partido ou o do Bloco de Esqueda portugués, que é todo o contrario... nin se di se o "modelo clásico" só fai referencia aos partidos ou tamén aos sindicatos, "frontes interclasistas" tipo BNG...)e xa non digamos do remate do parágrafo "...que estea a altura das esixencias políticas da esquerda social do noso país".

-PARA NÓS ISTO É FRASEOLOXÍA BALEIRA, CARENTE DE TODO SENTIDO DE CLASE (FIXÁDEVOS COMA UNHA E OUTRA VEZ EVÍTASE TODA REFERENCIA A LOITA DE CLASES E AS POSICIÓNS ENFRONTADAS POLOS SEUS RESPECTIVOS INTERESES DE TRABALLADORES E PATRÓNS) E O QUE É PEOR, PROFUNDAMENTE CONTRADITORIA. Créase un suxeito mítico chamado "esquerda social do país" indeterminado, difuso, onde poden caber dende os "Touriños e Quintanas" até os de Agir (ou estes non?), pero tamén pode entenderse que estes non son "a esquerda social do país" e que por tal concepto hai que entender aos sindicatos (tamén ás burocracias sindicais que traizoan unha e outra vez á clase obreira?), aínda que non semella que poidesen estar incluídos os "non nacionalistas" porque non son do país (visión estreita da clase), pero tampouco parece razonable tal interpretación, porque se do que se trata e de dar resposta "as esixencia políticas" estas só poden vir expresadas polos representantes das organizacións existentes con vocación de intervención política... ao cabo, entón cales son e por que non se concretan?
A contetación é evidente: porque nin se sabe do que se fala ou se sabe agóchase baixo un manto de confusionismo maiúsculo...

Mais vaiamos directamente ás tres cuestións esenciais do debate:
1ª) O partido clásico hai que desbotalo. Como vemos, xa se concreta a idea oculta: é o partido o que hai que desbotar (o de clásico é un adorno), o que hai que montar é unha outra organización... Veremos cal é a idea de tal.
Novamente se confunde todo tipo de partido, sexa de corte estaliniano ou marxista revolucionario democrático: dentro deste caixón de sastre (buscado a propósito) entra tanto o PCP portugués, que se reclama do estalinismo e non permite nin as tendencias nin as fraccións políticas internas como o Bloco de Esqueda onde están permitidas sempre que se manteña a unidade de acción cara ao exterior... e xa falando nada máis ca dos "partidos clásicos" da "esquerda transformadora", non dos socialdemócratas ou da dereita pura e dura... En fin, un "totum revolutum" de consideración.

2ª) Volve a xogar coa terminoloxía socialdemócrata de "esquerda social" versus "esquerda política", agora confrontadas (antes non) e necesitadas de canles de comunicación... Créanse pantasmas ideolóxicos e logo invéntase calquera cousa sobre eles e as súas relacións... Así, calquera quimérica "organización non clásica" será montada para responder a eses supostos retos metafísicos que se irán definindo segundo os intereses ou ocorrencias do gurú ao mando...

3ª)Este punto é o máis enrevesado, pois semellando dicir unha cousa (un programa de transformación) di exactamente o contrario: "masas críticas" pode ser entendida como numéricas (no xeito de "masa crítica" física para poñer en marcha algo) ou como "contestarias"... O de "esixir un cambio radical" por esas masas, que quere dicir? Acaso nas loitas, ou na difusa "opinión pública"? Cara onde vai ese cambio de modelo de sociedade? para a socialdemocracia nórdica (modelo admirado por Beiras) ou cara ao socialismo entendido nun sentido marxista?

-PARA NÓS A DIALÉCTICA ENTRE REIVINDICACIÓNS CONCRETAS OU INMEDIATAS, REIVINDICACIÓNS PARCIAIS XENERAIS E ALTERNATIVAS GLOBAIS SEMPRE FOI A BASE DO PROGRAMA, E POR ISO CANDO FALAMOS DE "PROGRAMA DE TRANSICIÓN" ESTAMOS A CONCRETAR UN ACERVO HISTÓRICO DE LOITAS E DE CONCLUSIÓNS TEÓRICO-PRÁCTICAS QUE NADA TEÑEN QUE VER COA VERBORREA INCONCRETA E CONTRADITORIA A QUE VIMOS REFERÍNDONOS.

-NÓS, QUE NOS RECLAMAMOS DA TRADICIÒN DAS LOITAS OBREIRAS E POPULARES, A RELACIÓN ENTRE PARTIDO, VANGARDA, MOVEMENTO E MASAS É ALGO MÁIS CA UNHA SUMA DE PALABRAS, PORQUE SE OS SECTORES MÁIS CONCIENCIADOS DA CLASE TRABALLADORA NON SE ORGANIZAN PARA LEVAR ADIANTE UNHAS DETERMINADAS IDEAS E NON SE IMPLICAN E IMBRICAN NOS MOVEMENTOS SOCIAIS QUE SE CREAN POLAS CONTRADICIÓNS DESTA SOCIEDADE CLASISTA, NON SE PODERÁ ACHEGAR A ESAS "MASAS" QUE DESPOLITIZADAS E MEDIATIZADAS POR TODA A PROPAGANDA E POR TODO O APARELLO DO PODER CONSTITUÍDO NON E MOVERÁN SE NON VEN CLARO QUE PODEN CONSEGUIR ALGO CONCRETO E QUE AS ENFRONTARÁ CO MARCO E COAS CONTRADICIÓNS DO SISTEMA... É XA QUE LOGO UNHA PERSPECTIVA E UNHA DINÁMICA TOTALMENTE ALLEA A ESA MESTURANZA DE "ESQUERDA SOCIAL", "ESQUERDA POLÍTICA", FRONTES,MASAS CRÍTICAS ETC.

Porque aquí está o "quid" da cuestión: o gran gurú desta idea é Beiras, é calquera que coñeza os seus postulados entenderá que do que se está a falar é da "reconstrución do BNG" de antano, da fronte interclasista (el segue pensando que orixinal)que posteriormente quedara deturpada polos "usurpadores"...

Todo este tinglado vese mellor se o enfocamos nos movementos internos do BNG, onde da facto está a rachar a súa unidade, pois cando Máis BNG monta unha organización interna e paralela, case idéntica ao BNG estructural, cando o EI queda desprazado dos órganos decisivos do BNG, porén o cal o propio Beiras di que non romperá co Bloque, e por tanto que a súa batalla ten que ser na reconstrución do mesmo, cando o "novo modelo de organización" fica atada a postulados interclasistas de tipo nacional-populares, entón toda esta montaxe qua ao descoberto...

A PREGUNTA CLAVE É: NESTA SITUACIÓN PAGA A PENA QUE ESQUERDA ANTICAPITALISTA GALEGA (OU OUTRAS)PARTICIPE NESTA FARSA?

Pois a miña resposta a pesares de todo é: SI, porque cómpre debatir e denunciar estes amaños, porque cómpre facer chegar as posicións marxistas revolucionarias a esta xente tan cegada polo liderazgo de Beiras, porque cómpre falar para todas aquelas persoas que querendo o cambio radical desta sociedade se encontran enganadas por estes socialdemócratas "do si pero non"...
Mais ao tempo que digo aue hai que participar digo tamén que no mesmo momento en que Beiras e os seus plantexen a previsible fronte/organización nacional-galega interclasista (xa se sabe: onde caiban todos agás a "oligarquía"), nese intre haberá que levanatarse e dar o portazo sonoro a tal traizón a esa mudanza profunda da sociedade.
Porque o que baixo ningún concepto deberiamos repetir é a nefasta experiencia de INZAR, entrando nun Bloque (naquel intre, non o esquezamos, era o BNG de Beiras)"restaurado"...

A VELLA TOUPA

4.10.09

Cinco lições das eleições



Os resultados das eleições parecem claros: uma queda do PS que perde 9% e a maioria absoluta, um colapso do principal partido da direita com uma subida da extrema-direita parlamentar, um reforço extraordinário do Bloco de Esquerda e também, em menor escala, da CDU. Mas estes resultados exigem uma leitura mais detalhada.

1. O PS disputa a direita dos interesses económicos

Em primeiro lugar, as eleições são marcadas pela penalização do PS e pela sua dificuldade de resposta a este castigo. A primeira resposta de Sócrates às eleições europeias, em que obteve o segundo pior resultado da história do PS, foi que tudo continuava igual e que o governo não alterava nada da sua política. Agora, quando obtém o pior resultado dos últimos vinte anos, o primeiro-ministro foi mais prudente e ainda nada disse sobre o que pretende fazer. Mas tem sempre recusado qualquer alteração da política económica, que é o fulcro da disputa social. No programa do PS, o capítulo secreto das privatizações continua a decidir.

A minha primeira conclusão das lições das eleições é que o governo se inclinou sempre para a direita e assim continua, pelo que a dança das coligações é uma farsa sem sentido. Já foi com a direita que o governo fez os acordos para o Código do Trabalho e para a reforma que atacou a segurança social, e assim quer continuar a fazer. Para Sócrates, a força do PS está na direita dos interesses económicos (o "felizmente temos Sócrates", de Van Zeller), que condicionam a direita política e lhe dão hegemonia ao centro.

2. O mapa político está em transformação, e é a política liberal de direita que a conduz

Mas há uma segunda consequência das eleições, que é a derrota do PSD. Mesmo com o cavaquismo instalado nos comandos, o PSD não superou os 29% de Santana Lopes, o que demonstra que o problema não era o governo Santana-Portas ser estouvado, mas sim a incapacidade estrutural do PSD em criar um pólo social à direita quando o PS ocupa o seu terreno. Essa é mais uma razão para o primeiro-ministro tentar continuar a sua governação à direita, porque esvazia o PSD, atraindo os apoios dos principais sectores empresariais. O cavaquismo está moribundo, resta Sócrates.

Assim, a segunda lição das eleições, do meu ponto de vista, é que o PS vai protagonizando os interesses económicos que absorveu: uma burguesia de chapéu na mão, a receber prebendas do Estado, pedindo para se tornar arrendatária de serviços públicos privatizados, para ser confortada com subsídios ou até com nacionalizações sempre que a especulação ou a criminalidade económica a leve a cair na falência, uma classe de negócios que depende da concessões de obras públicas e da proximidade do governo.

A política liberal é, assim, quem conduz a deslocação de apoios sociais do PSD para o PS.

É também por isso que a extrema-direita parlamentar é tão contraditória: reforça-se eleitoralmente com o discurso contra os imigrantes e os pobres, prometendo um intervencionismo autoritário de Estado, mas o seu único objectivo é chegar ao poder desesperadamente para reatar os seus pactos com os interesses económicos, como já aconteceu com os do BES no caso Portucale ou os de Stanley Ho no Casino de Lisboa. O poder musculado que o CDS apregoa reduz-se à saudade dos favores que espera voltar a receber. Daí a sua tentação de se aproximar do governo.

(E daí também a sua protecção: quando dois candidatos do CDS foram presos em flagrante delito por estarem a roubar agricultores, a notícia foi abafada. Alguém duvida que, se o caso envolvesse algum candidato de um partido de esquerda, a notícia abriria o telejornal e os dirigentes do partido teriam que se explicar?)

Entre o autoritarismo e o liberalismo, a direita escolhe sempre o liberalismo autoritário, e é por isso que acaba por gravitar em torno de José Sócrates e do seu governo.

3. A vitória do Bloco de Esquerda cria a maior força de esquerda socialista de sempre

Os 560 mil votos do Bloco de Esquerda, com 9,9% e a duplicação do número de deputadas e deputados, mudam o mapa da esquerda. O Bloco reforça-se onde já tinha eleito (Lisboa, Porto, Setúbal), elege em Braga e Santarém, mas elege também em distritos onde, fora o PS e a direita, a esquerda não elegia há dezenas de anos (Coimbra, Faro, Aveiro, e mesmo em Leiria, um dos distritos mais conservadores do país).

Para perceber como este resultado incomoda a direita, bastaria ler o editorial de hoje do "Público", assinado por um dos líderes do pensamento neoconservador, José Manuel Fernandes. Fernandes volta à carga contra o Bloco, decretando "antever que, nas actuais condições, há um limite para o seu crescimento eleitoral". O mesmo Fernandes já tinha escrito que o Bloco tinha alcançado o seu limite quando há quatro anos alcançamos 6,5% e 8 deputadas e deputados. Espero que, sempre que o Bloco duplique a sua representação, Fernandes volte a escrever que esse limite é inultrapassável.

Mas não é só pela candura profética que se destaca o editorial de Fernandes. O editorialista inventa uma teoria sociológica sobre o eleitorado do Bloco, que demonstraria que este seria inevitavelmente absorvido pelo PS (mas que, paradoxalmente, o PS não absorve e por isso é o maior perigo para o governo PS, Fernandes dixit). A superficialidade desta análise é comovente. Se este eleitorado fosse de "classe média alta" mas volúvel e ignorante do programa do Bloco (o horripilante "regresso ao PREC"), como sugere Fernandes, como se explicaria tal subida eleitoral apesar da barragem de artilharia a que o PS se dedicou durante toda a campanha? Porque não restam dúvidas: ninguém ouviu Sócrates, Vieira da Silva ou Teixeira dos Santos atacar em comícios o programa do CDS ou o do PCP, mas certamente toda a gente ouviu-os em todos os comícios atacar o do Bloco.

Freguesia a freguesia, onde o Bloco mais cresceu foi no eleitorado popular, incluindo entre os reformados mais pobres ou os trabalhadores. Diz Fernandes que a "base de apoio é tudo menos popular". Não é por ignorância, é só por preconceito: quase 20% na Marinha Grande! Mais de 20% nas zonas ferroviárias! 15% em Rabo de Peixe, a freguesia mais pobre do país! 10% nas cidades mais pobres do interior profundo de Portugal! Nunca o Bloco cresceu tanto no eleitorado popular.

E crescemos porque falamos claro. O programa do Bloco era o mais claro, foi o mais lido, foi o mais discutido, e foi isso que reforçou a votação no Bloco. Os eleitores conheciam este programa e mais de meio milhão aprovou-o. Um pouco de respeito pelas pessoas e pela sua decisão poderia levar os homens de direita que desconfiam da democracia, como Fernandes, a aceitar que quem votou Bloco o fez por consciência.

A força desse programa foi a mobilização que convocou para respostas concretas à crise. E vale a pena, por isso, meditar no que esta crise nos ensinou e no que nos ensina para o futuro. É que o capitalismo tóxico não foi um mero excesso especulativo, provocado pelo subprime norte-americano: também em Portugal houve pagamentos de comissões criminosas, prémios injustificados e para-quedas abusivos de centenas de milhões de euros, negócios sujos em offshores e até bancos clandestinos. O que a crise demonstrou foi que a ganância é um sistema e um modo de vida.

É por isso que a formação do maior movimento da esquerda socialista é decisivo para o futuro da confrontação entre alternativas políticas.

4. A elite dominante usou todos os meios contra o Bloco, e não vai parar

Mas há no editorial de Fernandes, que é um barómetro da elite dominante posta em causa pelas eleições, um apelo à continuação da guerra contra o Bloco. O Bloco é socialista, é a sua pior acusação. É preciso uma fronda contra o Bloco, porque a força desta esquerda socialista "é muito mais perigosa para o PS do que quaisquer tiradas gongóricas de Manuel Alegre", conclama.

É que "o objectivo [do Bloco] é reconfigurar a esquerda, marginalizando um PS moderado", protesta Fernandes.

O Bloco fala claro. Sim, é preciso reconfigurar a esquerda e criar uma nova força para disputar a maioria. Só haverá um governo de esquerda se no país for criada uma força social de combate pela justiça económica.

Por isso é que o Bloco incomoda tanto: ser socialista e lutar pela justiça na economia exige em primeiro lugar revelar toda a dimensão desta crise como um crime contra a população e contra trabalhadores e reformados. Por isso, as alternativas são sempre voltar atrás ou criar regras de justiça fiscal e social.

Bem sei que, quando o Bloco propunha a nacionalização das partes maioritárias da GALP e EDP, recuperando para o Estado o que era do Estado, contrariamos interesses económicos poderosíssimos, o que desencadeou contra a esquerda uma tempestade ideológica. Mas só criaremos uma cultura de justiça vencendo essa tempestade ideológica - e assim estamos a fazer.

O que é notável não é que o Bloco tenha subido, nem que tenha cumprido a sua função de combater a elite dominante que representa o atraso do país. O que é notável é que tenha vencido o mais consistente ataque de ódio de que há memória em Portugal nos últimos anos, porque essa elite se defendeu com todas as armas: Amorim anunciou um processo judicial, Belmiro de Azevedo apelou ao voto contra o Bloco, o Jornal de Angola juntou-se ao coro em defesa dos negócios de José Eduardo dos Santos, Van Zeller apoiou o governo contra a esquerda, Fernando Gomes da GALP e Balsemão vieram condenar a devolução da maioria da empresa ao Estado, uma colecção de ministros dedicou-se a zurzir no Bloco, toda a galeria de comentadores televisivos, que são o Olimpo dos pensadores da direita e do PS e onde não existe esquerda, atacou o Bloco, e a primeira página do Expresso deu mesmo tanta importância à insídia que resolveu ignorar o "caso das escutas" que abalou a Presidência da República. O PS e o CDS uniram-se no ataque ao Bloco, o PSD afinou pelo mesmo diapasão. Directores de jornais fizeram apelos desesperados contra o Bloco, do "Sol" ao "I". Valeu tudo.

E o Bloco venceu, e venceu porque representava alternativas concretas a esta crise e à sua continuação.

5. As grandes escolhas da esquerda estão à nossa frente

A crise económica não é uma perturbação passageira. E se Sócrates com ela perdeu a maioria absoluta, foi precisamente porque muitos eleitores socialistas descobriram a responsabilidade do governo na facilitação de negócios, na degradação da segurança social, na desastrosa nacionalização milionária do BPN, na devastação económica. Essa crise demonstrou que a política do PS é parte do pântano e não a sua solução.

A necessidade de uma reconfiguração da esquerda nasce desta constatação. Durante os próximos anos, a política vai ser acelerada por esta constatação. A crise continua a agravar-se, sempre como desemprego estrutural a um nível insuportável, mais ainda como uma nova crise orçamental que imporá escolhas duríssimas - ou a degradação dos serviços públicos e aumento de impostos ou a justiça fiscal e a distribuição contra a desigualdade. Só um governo de esquerda e uma maioria para a justiça económica pode conseguir superar esta crise, e para essa política é preciso vencer a alternativa Sócrates.

Sim, nesse ponto Fernandes tem razão: a luta do Bloco é por um governo responsável, rigoroso e de justiça económica. Cada dia em que a maioria do país for sacrificada por esta nova crise orçamental, a alternativa da esquerda terá que ser mais exigente e mais clara. Durante todos os próximos anos, a disputa será entre o governo do desastre económico e a justiça na economia. A força do Bloco será a sua coerência.

Francisco Louçã
Artigo extraido de http://www.esquerda.net

27.9.09

DESPOIS DE 34 ANOS A LOITA CONTINUA. XOSE HUMBERTO BAENA E CAMARADAS. NIN ESQUEZEMENTO, NIN SILENZO


Volto ler a túa derradeira carta ós teus pais e non podo por menos de lembrar aquel infame amencer do 27 de setembro de 1975 onde se perpetraron os derradeiros crimes de estado da ditadura franquista e tamén aqueles tempos de clandestinidade e a longa noite de pedra da Ditadura que, con convicción, militancia e moita “inxenuidade”, traballadores, mocedade e amplas capas da sociedade enfrontamos, para acadar un novo estado democrático, socialista e solidario.

Lembro tamén aqueles días nos que colectivo máis comprometido e militante tiña que facer as xuntanzas, ben de debate ou de planificación de accións, ao pé do Galiñeiro, debate aberto de diferentes tendencias que no caso da acción xeralmente chegaban a un acordo e á mobilización. A fin de contas todos, ainda que con diferentes tácticas, perseguiamos o derrocamento do Ditador e o seu rexime, e algúns impedir, asemade, que a monarquía sucedera de xeito natural a opresión padecida perante corenta anos.

Hoxe a loita continua; os obxetivos, agás a democracia burguesa son praticamente os mesmos; e inmersos como estamos nunha profunda crise do capitalismo que non ten respostas nin solucións da socialdemocracia(PSOE), a tarea central segue a ser a creación dunha organización anticapitalista, socialista e achegada ó pobo que non pretenda a ilusión de “civilizar, remendar o curar” o capitalismo senón destrui-lo e troca-lo por un novo máis xusto, solidario e equitativo no que a lóxica da competencia e o beneficio mude a prol do benestar de toda a sociedade como valor principal.

Nesta loita seguimos e temos a obriga de lembrar, non esquecer e reclamar Verdade, Xustiza e Reparación moral, social e xurídica para todos os que como Baena, loitaron contra a ditadura.

LEVIATAN(Ex BNG)

Derradeira carta de Xose Humberto Baena


Papá, mamá:

Me ejecutarán mañana de mañana.Quiero daros animos. Pensad que yo muero pero que la vida sigue.Recuerdo que en tu última visita, papá, me habías dicho que fuese valiente, como un buen gallego. Lo he sido, te lo aseguro. Cuando me fusilen mañana pediré que no me tapen los ojos, para ver la muerte de frente.Siento tener que dejaros. Lo siento por vosotros que sois viejos y sé que me queréis mucho, como yo os quiero. No por mí. Pero tenéis que consolaros pensando que tenéis muchos hijos, que todo el pueblo es vuestro hijo, al menos yo así os lo pido.

¿Recordáis lo que dije en el juicio? Que mi muerte sea la última que dicte un tribunal militar. Ese era mi deseo. Pero tengo la seguridad de que habrá muchos más. ¡Mala suerte!

¡Cuánto siento morir sin poder daros ni siquiera mi último abrazo! Pero no os preocupéis, cada vez que abracéis a Fernando, el niño de Mary, o a Manolo haceros a la idea de que yo continúo en ellos.Además, yo estaré siempre con vosotros, os lo aseguro.Una semana más y cumpliría 25 años. Muero joven pero estoy contento y convencido

Haced todo lo posible para llevarme a Vigo.Como los nichos de la familia están ocupados, enterradme, si podéis, en el cementerio civil, al lado de la tumba de Ricardo Mella.

Nada más. Un abrazo muy fuerte, el último.Adios papá, adios mamá.

Vuestro hijo:
José Humberto