jueves, 7 de marzo de 2013

Eleccións en Italia | Varios autores


[Publicamos tres artigos de autores italianos sobre as pasadas eleccións xerais. Andrea Martini e Salvatore Cannavó son militantes de Sinistra Crítica, a nosa organización irmá en Italia, e reflexan a visión de parte da extrema esquerda italiana. Wu Ming é un colectivo de autores italianos. Os tres foron escritos entre o 25 e o 26 do pasado mes de febreiro]


Unha primeira análise en quente das eleccións  
Andrea Martini. 

Bloque de Potere Operaio, foi organización de extrema esquerda,
nacida ao calor do "autunno caldo" en 1969. Outros tempos
corrían para a esquerda italiana, que desta volta queda fóra
tanto do parlamento como do senado.
Os resultados chegan con lentitude, intercalados por improbábeis e inaprazábeis enquisas, e entrelázanse coas normas trapalleiras e antidemocráticas dunha lei electoral feita para conservar o poder e non para medir leal, correctamente e de xeito transparente a vontade dos electores. Con todo, a avaliación dos resultados  de fondo e o marco post-electoral defínese con claridade. O resultado estoupa todas as previsións e desexos: a “máquina de guerra” de Bersani falla no seu obxectivo, e unha vez máis, o desexo do PD de facerse cargo do goberno aproveitando unha presunta ruptura entre os principais membros da clase dominante e o persoal político da dereita berlusconiana fréase.  

E seguen moi decepcionados os outros grandes actores da política: os “mercados” e os tecnócratas da UE e do BCE que observan con terror a posibilidade e perspectiva de gran ingobernabilidade nun país crucial como Italia. Certamente o seu home de referencia en Italia era Monti, pero eran todos conscientes que Supermario podería como máximo xogar un papel de apoio e condicionamento dun goberno presidido por Bersani. En cambio, probábelmente o parlamento quedará marcado de xeito determinante non só polo éxito de Grillo, senón tamén e sobre todo pola súa derrota e o redimensionamento do proxecto centrista.  

O resultado das listas do Movemento 5 estrelas, aínda que prevista non menos dramática e devastadora para os equilibrios políticos entre as forzas tradicionais do mundo institucional italiano, é sen dúbida o máis destacado dos resultados das eleccións do 24 e 25 de Febreiro. O éxito das listas de Beppe Grillo manifesta dun xeito potente a propagación do rexeitamento popular da política da corrupción e da austeridade, particularmente nos mozos.  


Resulta significativa a diferenza porcentual na cámara e o senado. O M5S convértese no primeiro partido en varias rexións. Trátase dun desafío que o electorado lanza a toda a vella política do centro-esquerda, de dereita, de centro e ata de extrema esquerda, todas penalizadas polo resultado masivo das listas de Grillo, ademais do aumento da abstención.  

Porque tamén o dato (oficial) da abstención é importante: 25%, cun incremento do 5% respecto ao 2012. Abstivéronse ao redor de 10,8 millóns de electores e electoras, case dous millóns máis que nos últimos comicios que, evidentemente, non atoparon motivos e razóns válidas para ir votar. Máis aló dos datos absolutos e da porcentaxe que se poderán avaliar máis tarde, nestes momento, cando aínda non está do todo definida a concesión de premios de maioría na cámara e sobre todo en varios colexios senatoriales, o sucedido dá un golpe de graza, quizais definitivo, ao sistema político da chamada “segunda república”, que coa alternancia do centro-dereita e o centro-esquerda no goberno, gobernou o país nos últimos 20 anos.  

O resultado absolutamente decepcionante da lista Monti e da coalición centrista suscita, polo menos polo momento, o intento co que a burguesía italiana (e detrás dela, tamén os poderosos da UE) intentara construír unha alternativa á súa dependencia do binomio do litixio pendular PD-Pdl (Pobo da liberdade). En todo caso, as cifras asignadas a Elección cívica do primeiro ministro saliente constitúen unha drástica condena da política do seu goberno a base de contrarreformas, recortes, eliminación de dereitos, aumento de impostos, desemprego e grandes obras inútiles.  

A vitalidade de Berlusconi e da súa demagoxia populista, grazas ao hábil desenganche da “gran coalición” que sostivo a Monti ata fai só dous meses, á promesa de restitución do IMU e á súa vitoria nos colexios senatoriales de Lombardía, o Véneto, Campania e Sicilia, fan extremadamente difícil a formación dun goberno que ata a semana pasada todos os comentaristas daban presidido por Bersani, co único interrogante dunha hipotética alianza forzada con Monti e Casini. Trátase dun resultado que fará ingobernábel ao parlamento.  

Para rematar, o gran derrotado destas eleccións parece ser quen, precisamente ata onte, era o favorito: o Partido Democrático, coa súa coalición e a idea dun goberno Bersani. Estas forzas pagan, coa evidente hemorraxia cara ao M5S e a abstención, a súa política de apoio resolto a todas as políticas antipopulares dos últimos 13 meses: o PD perde no senado 2,5 millóns de votos respecto de 2008. O que se dá sen que esta perda sexa compensada polo seu aliado, a SEL (Sinistra Ecoloxía e Liberdade) que, incluso desmentindo todas as previsións máis optimistas, obtén preto de 900.000 votos, e polo tanto nin sequera alcanza o resultado, xa desastroso, de Esquerda Arco Iris. Aínda que, nesta ocasión, grazas á alianza co PD, logrará conseguir algúns parlamentarios.  

Tamén sae derrotado o malogrado intento de construír, a través da lista Revolución Civil, unha balsa que debería levar ao parlamento a unha patrulla de parlamentarios provenientes de partidos excluídos nas eleccións do 2008 e que non foron admitidos na coalición liderada polo Partido Democrático: Rifondazione Comunista, Partido dos Comunistas Italianos, Italia dos Valores e os Verdes. De feito, a lista Ingroia, non logra elixir ningún deputado nin senador. O naufraxio desta balsa só deixa escombros e refugallos por desexo expreso dos seus autores.  

A pregunta é a seguinte. A derrota dos partidos da austeridade e a desorientación (polo menos momentánea, de todos os “poderes fortes”) facilitará ou non a recomposición dos movementos? A fraxilidade do contexto institucional e o medo a “Aníbal nas portas” personalizado polo M5S empuxarán aos aparellos da CGIL e os sindicatos “cómplices” a unha maior moderación das reivindicacións e loitas, aínda que a situación económica e as políticas das clases dominantes impoñerán maiores agresións contra os dereitos e condicións de vida da clase traballadora.  

Así pois a construción de loitas e movementos segue sendo canto menos de plena actualidade e urxencia, e tralo fracaso de todo atallo electoral ilusorio, pasa a converterse para todas e todos que realmente queren opoñerse á austeridade e á súa devastación social, o eixe de traballo central de calquera iniciativa política, tamén para Sinistra Critica. 

http://anticapitalistas.org/spip.php?article20094


A austeridade, rexeitada. Pero no canto de Syriza, está Grillo. 
Salvatore Cannavó

A crise italiana estala coas eleccións do 25 de febreiro. De feito, malia todos os prognósticos, non se deriva do voto ningunha hipótese de goberno críbel e ábrese camiño con ímpeto a necesidade dunha alternativa ás políticas de “rigor e austeridade”, que se manifesta hoxe a través do Movemento 5 Estrelas (M5S), que na Cámara de Deputados supera o 25% dos votos. 

Foron rexeitados o goberno Monti e o partido que o apoiou máis fielmente, é dicir, o Partido Democrático (PD). As políticas de “rigor e austeridade” non convencen e non concitan o consenso. Os que se distanciaron a tempo (Berlusconi), salvan o pelexo (aínda que o centro-dereita perde ao redor do 16 % con respecto a 2008), e os que se inmolaron no altar do Banco Central Europeo foron derrotados. En particular foron derrotados Bersani (e Vendola, antigo dirixente de Rifondazione Comunista, presidente da rexión de Puglia, dirixente de Sinistra, Ecologia, Libertá, SEL, principal aliado do PD) e Monti, é dicir, os mesmos que segundo o Financial Times eran os artífices do único goberno posible tralas eleccións. O goberno que merecía a confianza da Unión Europea, o FMI e EE UU.

Atopámonos nunha situación grega con Grillo no posto de Syriza. Grillo é a única resposta que convenceu a escala masiva. Unha resposta xenérica, pero radical, á crise, á austeridade e a unha política de continuidade cos últimos vinte anos, á “casta”. Haberá tempo para avaliar mellor a Grillo, pero é, sen ningunha dúbida, a única proposta que consegue estar á altura dos tempos que corren (que non son tempos fáciles, evidentemente), na que se mesturan reivindicacións contraditorias. A primeira vista, en efecto, non se nutre tan só da perda de consensos no Popolo della Libertá (PdL, o partido de Berlusconi) e Liga Norte, e no ámbito da esquerda máis radical, varrida do escenario, tal vez definitivamente. A situación é de absoluta ingobernabilidade: resulta difícil imaxinar a gran coalición Berlusconi-Bersani unha vez que Monti practicamente fixo mutis polo foro. Pero en Italia todo é posíbel e a vocación suicida da “esquerda” italiana demostrou que nunca se esgota. O PdL, asemade, ten moito interese en propoñer unha “gran coalición” que volvería situar a Berlusconi no centro da política, pero haberá que ver como se desenvolverá o debate no seo do PD tendo en conta que a estratexia de Bersani fracasou. A curto prazo non parece perfilarse outra saída que un acordo nacional para elixir un presidente da República de “garantía” (garantía, claro, para o antigo réxime). A vella esquerda, en cambio, está morta. Asemade, un proxecto alternativo non se improvisa en dous meses con axuda dalgún “deus ex machina” nin dun “salvador da patria” vido de fóra. Beppe Grillo comezou fai uns dez anos e xa en 2008 era unha parte activa, aínda que non se presentou, da campaña electoral. Escribimos repetidas veces que nos atopamos ante o fin, político e ideolóxico, do vello movemento obreiro. Un feito que na esquerda non se quixo comprender insistindo obstinadamente e con pouca intelixencia na vía do ensamblaxe de partidos e partidiños pouco influentes, desarraigados e carentes dunha comprensión real do alcance histórico dos problemas.

A fase que se abre parece xa que logo marcada por unha completa inestabilidade e polas decisións que tome o M5S. Haberá que ver que rumbo enfila o movemento de Grillo, pois será un sensor importante. En calquera caso, a vía que temos ante nós será, polo menos durante moitos anos, o reto de reconstruír un suxeito real, capaz de competir no marco actual. Non forzosamente desde o punto de vista electoral, e sen dúbida non durante un tempo. Servirán “redes de movementos” que nucleen as resistencias á crise e ceben o “tsunami social” cuxa urxencia sentir por todas partes. Pero Grillo demostra que a resistencia non basta, tamén hai que ter unha idea de futuro, unha proposta convincente, saber ofrecer unha esperanza. Polos de mobilización, coalicións sociais sen ningunha concesión a presuntuosas hipótese de reunificación da esquerda supervivente, que ata agora foi o problema e non a solución. A vía da reconstrución esixe realizar intentos intelixentes,audaces, valentes. Iniciativas inéditas e para as cales non contamos con paracaídas seguros. Require pensamento e estudo, afondamento e amplitude de miras. Necesita, sobre todo, unha nova xeración política. Partiremos do que hai: os movementos dos últimos anos que lograron resistir (estudantes, Non TAV, etc.), as iniciativas emprendidas (en terreos que nos son próximos: novas finanzas públicas, os diversos Occupy) cunha única estratexia en mente: a eficacia social e a construción dunha hipótese de cambio fundamentada no plano teórico e político. Basta de improvisacións, de reiteracións do pasado, de nostalxias dos microaparatos. Basta de grupiños “istas” e todo o demais. Achámonos en mar aberto e esta vez vai de verdade.


http://vientosur.info/spip.php?article7720


O "Movemento 5 Estrelas" de Beppe Grillo defendeu o sistema 
Wu Ming, colectivo de autores italiano. 

Agora que o Movemento 5 Estrelas  (M5a) parece "estalar" nas eleccións, creemos que non se pode aprazar máis unha reflexión sobre o baleiro, a ausencia, que o movemento de Grillo e Casaleggio representa e administra. O M5s administra a ausencia de movementos radicais en Italia. Hai un espazo baleiro que o M5s ocupa para mantelo baleiro.

Malia as aparencias e da retórica revolucionaria, creemos que nos últimos anos o M5s foi un eficaz defensor do existente. Unha forza que funcionou como tapón estabilizando o sistema. É unha afirmación contraria á intuición, parece absurda, si miramos só ao contexto italiano e, sobre todo, si non imos máis aló da primeira impresión. Como pode ser? Grillo estabilizador? Precisamente el, que quere que se vaia a vella clase política? Precisamente el que, segundo din todos, estase preparando para ser un factor de ingobernabilidad?

Creemos que nos últimos anos Grillo, consciente ou non, garantiu a estabilidade do sistema.

Nos últimos tres anos, mentres nos outros países euromediterráneos e en xeral en occidente estendíanse, e nalgúns casos radicalizabanse, movementos inequívocamente anti-austeridade e anti-neoliberales, aquí iso non pasou. Si que houbo loitas importantes, pero quedaron confinadas en territorios restrinxidos, ou duraron moi pouco. Moitas faíscas, pero non as necesarias para acender o lume, como pasou noutros lugares. Nada de indignados aquí, nada de Occupy Wall Street nin de primaveras de ningún tipo, nada de loita de clases contra a reforma das pensións.

Non tivemos unha Praza Tahrir, nin unha Porta do Sol, nin unha praza Syntagma. Non loitamos como se loitou e nalgúns casos séguese loitando noutros lugares. Por que?

As razóns son múltiples, pero hoxe queremos desenvolver unha soa hipótese. Poida que non sexa a máis importante, pero creemos que ten certa relevancia.

Aquí, unha gran cantidade de indignación foi interceptada e organizada por Grillo e Casaleggio -dous ricos sexagenarios provenientes da industria do entretenimiento e do marketing- a través dunha franquicia político-empresarial con grandes doses de copyright e de marca rexistrada, un movemento rígidamente controlado e liderado desde un vértice, que recolle e emula reivindicacións e consignas dos movementos sociais, pero mesturándoas con apologías do capitalismo e con discursos superficiais centrados na honestidade do político/administrador individual, nun programa embarullado onde coexisten propostas liberais e antiliberales, centralistas e federalistas, libertarias e de extrema esquerda. Un programa "recolleo todo" que copta de aquí e de alá, típico dun movemento diversivo.

Prestade atención: o M5S divide o mundo entre un "nós" e un "eles" dun modo completamente distinto ao dos movementos mencionados anteriormente.

Cando Occupy Wall Street propuxo a separación entre o 1 e o 99 por cento da sociedade, referíase á distribución da riqueza, indo directamente ao centro da desigualdade: o 1 por cento son os multimillonarios. En caso de habelo coñecido, Occupy incluiría tamén a Grillo. En Italia, Grillo forma parte do 1 por cento.

Cando o movemento español retoma o grito das caceroladas arxentinas ¡Que se vaian todos!, non se refire só á casta política, e non está engadindo implícitamente: Ocupemos nós o seu posto. Está reivindicando a auto-organización e a auto-xestión social: probemos a facer o máximo posible sen eles, inventemos novas formas, nos barrios, nos postos de traballo, nas universidades. E non por medio dos disparates tecno-fetichistas de Grillo nin das cantidades ingentes de retórica dos pequenos roedores de tipo parlamentario: son prácticas radicais, xuntarse para defender a comunidade dos excluídos, impedir físicamente desafiuzamentos e execucions hipotecarias, etc.

Entre os que se teñen que ir, os españois incluirían tamén a Grillo e Casaleggio (¡inconcibible un movemento liderado por un millonario e por unha empresa de publicidade!), e tamén a aquel Pizzarotti que en Parma fai meses que gestiona a austeridade ignorando as ampulosas promesas electorais feitas unha tras outra.

Agora que o movemento de Grillo entra no Parlamento, votado como último recurso por millóns de persoas que con razón atopaban repugnantes ou en todo caso inadmisibles as outras opcións políticas, termina unha fase e comeza outra. O único modo de comprender a fase que comeza é entender cal foi o rol de Grillo e Casaleggio na fase que termina. Para moitos se comportaron como pirómanos. Para nós, fixérono como bombeiros.

Pode un movemento que naceu como diversivo converterse nun movemento radical que teña como obxectivo abordar cuestións cruciales e que separe o "nós" do "eles" a través das xustas liñas de fractura?

Para isto, primeiro tería que suceder outra cousa. Tería que verificarse un evento que introducise unha discontinuidad, unha escisión (ou máis) dentro do movemento. En poucas palabras: o movemento de Grillo tería que evitar ser o seu prisioneiro. Por agora non sucedeu, e é difícil que o faga. Pero non imposible. Nós, como sempre, apoiamos a rebelión ata dentro do Movemento 5 Estrelas.

Wu Ming

http://www.diagonalperiodico.net/global/hay-espacio-vacio-m5s-ocupa-para-mantenerlo-vacio.html


No hay comentarios:

Publicar un comentario