viernes, 8 de marzo de 2013

Solidariedade co pobo venezolano ante a morte de Hugo Chávez


 Comunicado de Esquerda Anticapitalista

Hugo Chávez, presidente da República de Venezuela, faleceu no día de onte en Caracas. Dende Esquerda Anticapitalista queremos mostrar nosa gran consternación e dor pola súa morte, así como as nosas condolencias cara ao pobo venezolanazo pola morte do ata agora líder da revolución bolivariana.

Hoxe máis que nunca queremos expresar o noso apoio ao proceso bolivariano, liderado ata a súa enfermidade polo comandante Chávez, pero referendado, participado e defendido pola maioría do pobo de Venezuela elección tras elección. O presidente Chávez sempre destacou internacionalmente pola súa estatura antiimperialista, polo seu apoio incondicional aos pobos oprimidos, marxinados e explotados polas grandes potencias europeas ou estadounidenses. Sempre deu exemplo coa súa postura clara e firme respecto da causa palestina e o seu rexeitamento frontal ao apartheid israelí, así como co seu incondicional apoio aos pobos do Caribe en loita contra o imperialismo e as oligarquías.

Queremos lanzar dende Esquerda Anticapitalista unha mensaxe de esperanza e de profundo apoio, coa convicción de que chegou a hora do pobo. Chegou a hora de afondar no proceso bolivariano, sen ningún tipo de concesión a calquera inxerencia estranxeira. Agora o pobo venezolano, que se dotou de xeito participado dunha Constitución, debe converterse nestas semanas no único e auténtico protagonista, conscientes de que é o pobo de Venezuela o único garante da continuidade da revolución bolivariana.

Desde Esquerda Anticapitalista defendemos sempre o proceso bolivariano fronte ao imperialismo estranxeiro e á oligarquía venezolana, e mostramos nosa firme solidariedade activa con el, malia as diferenzas co presidente Chávez respecto, por exemplo, á súa posición sobre a revolucións árabes ou sobre como afondar nos procesos de ruptura coas clases dominantes venezolanas e ir máis aló do modelo petroleiro. É posíbel que sen Chávez non houbese revolución. Agora estamos seguros de que sen o pobo venezolano non haberá continuidade da mesma. Por iso, desde Esquerda Anticapitalista e cun sentimento profundo de tristeza pola perda do comandante, queremos facer un chamamento á unidade de todas as persoas revolucionarias en Venezuela, que hoxe son multitude.

O proceso bolivariano debe afondar  e avanzar na construción dunha dirección colectiva para esta nova etapa na que as forzas reaccionarias intentarán bloquear a dinámica de cambio aberta por Chávez. Un saúdo internacionalista e solidario. Adiante o pobo de Venezuela coa revolución bolivariana!

Que a terra lle sexa leve, comandante Chávez.

6 de marzo de 2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario