lunes, 12 de noviembre de 2012

O 14N E A LOITA DAS MULLERES: POR UNHA FOLGA XERAL FEMINISTA!


Máis de catro anos despois de que estoupara esta crise, e con todo o que pasamos desde entón, temos xa a certeza de que nos atopamos nun punto de inflexión no que está en xogo un cambio integral de modelo de sociedade.


Non nos enganemos: o día que os grandes magnates das finanzas comuniquen oficialmente o acta de defunción da crise, as nosas vidas non volverán ser como as recordamos antes do 2008: nin os recortes nos servizos públicos nin os ataques contra os dereitos das traballadoras serán revertidos.


Sabemos a estas alturas que a crise está proporcionando a coartada perfecta para a privatización da sanidade, a educación, os servizos sociais e as pensións, así como para a flexibilización do mercado laboral e do conxunto das nosas existencias. Sempre houbo razóns para a loita anticapitalista. Lamentablemente as de hoxe son moito máis numerosas que as de fai cinco anos e, nestes momentos, temos que seguir traballando para evitar recordar, dentro de cinco anos máis, o presente de hoxe con (falsa) nostalxia. É por iso que a nosa presenza, a presenza de todas e todos os que loitan, na Folga xeral do 14N é máis imprescindibel que nunca. Ese día debemos deixar claro que non nos conformamos con volver á situación que tiñamos antes da irrupción desta estafa senón que aspiramos a cambiar de arriba abaixo o sistema. Querémolo todo e querémolo para todo o mundo!




Unha mirada feminista


Con todo, ler a crise e a Folga xeral do 14n exclusivamente en clave económica, laboral ou de servizos públicos xa non é suficiente. Nunca o foi. Unha mirada feminista e anticapitalista ás mesmas móstranos que o noso traballo e a nosa loita deben ir moito máis alá. Empezamos a crise denunciando a invisibilización dos impactos de xénero da crise, particularmente no que se refire ás dramáticas condicións laborais de moitísimas mulleres no Estado español. Despois pasamos a denunciar que os recortes nos servizos públicos, particularmente en sanidade, educación e servizos sociais, ademais de deixar a amplos colectivos sociais en situación moi vulnerable, fai recaer de novo sobre as mulleres o coidado, o traballo e a responsabilidade que as administracións estanse quitando de encima. Iso fixo que a carga global de traballo (que inclúe o asalariado e o non asalariado) das mulleres multiplicouse desde os inicios da crise. Dito doutro xeito, as mulleres non só teñen que traballar máis horas a cambio dun salario menor para poder manter ás súas familias, senón que deben coidar de todos e todas aqueles familiares con necesidades de coidado dos que o Estado desfaise como carga improductiva e parasitaria. “Para que seguir pagando por servizos públicos que poden facer tranquilamente as mulleres na súa casa a cambio de nada?” pregúntase Mariano Rajoy e todos os seus compadres.


Iso lévanos a un terceiro momento de crítica feminista anticapitalista, no que os nosos peores pesadelos estanse facendo realidade. Fai uns meses que o goberno do Partido Popular, en boca do seu ministro de xustiza Alberto Ruiz Gallardón, anunciou que pensa reformar a actual lei do aborto. Non só se propón eliminar o prazo de 14 semanas durante o cal as mulleres poden efectuar unha interrupción voluntaria do embarazo senón que, ademais de anular a capacidade de decisión das menores de idade, pretenden eliminar o suposto de malformación fetal. Así é a dereita: mentres que destrúe os servizos públicos de apoio ás persoas en situación de autonomía restrinxida, prohibe que unha muller renuncie a dar vida a un ser que nunca vai ser autónomo nin autosuficiente e que só vai coñecer o sufrimento e a indiferenza da sociedade.


O que supón unha ameaza plausible para a maioría das mulleres constitúe unha realidade para aquelas de orixe inmigrante en situación irregular, xa que, grazas aos paquetes de austeridade do goberno, desde o mes de setembro non poden acceder á sanidade pública nin para tratarse en caso de enfermidade nin para realizar unha interrupción voluntaria do embarazo. Sabemos á súa vez que o Partido Popular, no seu desmantelamento reaccionario do estado de benestar, pretende eliminar da rede da sanidade pública calquera prestación que teña que ver coa saúde sexual e reprodutiva das mulleres, e iso inclúe cuestións como o aborto ou a contracepción. Deste xeito, os xestores desta crise non só precarizan as vidas das mulleres mediante os seus ataques laborais e sociais senón que á súa vez ameazan o seu dereito a decidir sobre os seus propios corpos e as súas propias vidas. E a cousa non queda aí. Quen non recorda ao popular Javier Arenas afirmando fai só uns meses que o goberno debe recuperar os valores familiares que, desde que a muller traballa, perdéronse? Ou a Gallardón reivindicando que a maternidade fai ás mulleres verdadeiramente libres? Ou Castelao dicindo que, como as mulleres, as leis están para violalas?


Dous modelos de sociedade enfrontados


Non só atacan os dereitos laborais e sociais de todas e todos senón que, no mesmo proceso, resucitan o ideal da muller sumisa e coidadora, ideal que lles vai de perlas non só para arrebatar ás mulleres as súas libertades senón tamén para facilitar a transferencia ás súas costas de apoio, servizos e coidados que, movementos como o sindical, o feminismo e o veciñal conseguiran que fosen públicos tras décadas de loitas. O que está en xogo, deste xeito, non son só unas cantas reducións en prestacións e programas das administracións públicas. Con esta crise, así como coas batallas que plantemos ante ela, están en xogo dous modelos radicalmente distintos de sociedade. A deles, onde non quede nada por privatizar e onde os dereitos das mulleres, incluíndo o seu dereito a elixir, estean subordinados á lóxica do beneficio económico, a produtividade e a rapiña. Ou a nosa, onde a sanidade, a educación, os servizos públicos e, en definitiva, o común, sexan xestionados de xeito colectivo, solidario e xusto; onde todas as persoas teñan a oportunidade de elixir que queren facer dos seus corpos, das súas vidas, dos seus afectos, do seu traballo, do seu futuro.




No hay comentarios:

Publicar un comentario