viernes, 15 de febrero de 2013

Trala admisión a trámite no Congreso da ILP da PAH: Si se pode



Comunicado de Esquerda Anticapitalista

O día 12 de febreiro o Congreso aprobou debater a Iniciativa Lexislativa Popular polo dereito á vivenda, promovida polas Plataformas de Afectados polas Hipotecas xunto a Observatori DESC, UGT Catalunya, CCOO Catalunya, Confederación de Asociacións de Vecinos de Cataluña, UCC e Taula del Tercer Sector. Esta ILP propón medidas que, sen ser a solución ao problema da vivenda, responden ás necesidades dos centos de miles de persoas que se quedaron atrapadas en hipotecas que non poden pagar porque non teñen traballo: a dación en pago retroactiva, que supoñería tamén a condonación da débeda a quen xa perderon a súa casa, e a moratoria de desafiuzamentos, con alugueres que non supoñan máis de 30% dos ingresos percibidos. É unha importante vitoria que chegue a debaterse.  Foi un gran éxito conseguir para ela un enorme apoio social, reflectido nas firmas recolleitas: 1.400.000, case o triplo das necesarias para unha ILP. Malia iso, o PP estaba decidido a vetar a súa tramitación; pero a presión social obrigoulle a rectificar no último momento. Iso mostra que, como se gritaba dentro e fóra do Congreso, Si se pode!

Agora vaise a debater e temos que facer que se aprobe o seu contido. É o único xeito de acabar co inmenso e inxusto sufrimento de centos de miles de persoas, do que os suicidios, con ser terribles, son só a punta do iceberg.  É un chiste de mal gusto oírlle dicir ao PP que vai no mesmo camiño que a PAH. Non nos creemos o arrepentimento do PSOE. Non nos creemos ao PP, UpyD e ao PSOE cando din que non van apoiar a ILP porque as súas propostas van moito máis alá. Iso é mentira, as súas propostas non van resolver o problema, porque para eles e elas os mercados están antes que as persoas. Por iso hai que seguir loitando coa máxima forza para que se aprobe a ILP. En fronte temos aos bancos e á Troika premendo para evitalo. Fagamos que o PP escoite a voz do pobo, que coa ILP di: “As persoas antes que os bancos”.

Por iso, desde Esquerda Anticapitalista denunciamos a política homicida que están producindo as políticas ditadas polo gran capital e aplicadas polos gobernos do PP e antes do PSOE, que están esnaquizando a vida de persoas de todas as idades, desde recentemente nadas ata anciás.

Chamamos a participar nas accións convocadas polas Plataformas de Afectados polas Hipotecas, a favor da ILP, en primeiro lugar as manifestacións do sábado #16F.

A vivenda é un dereito, non un negocio

Paralización inmediata de todos os desafiuzamentos

Aluguer social universal XA

Goberno Dimisión

No hay comentarios:

Publicar un comentario