Comunicado de Esquerda Anticapitalista

O 25-S foi unha xornada de loita exemplar. A pesar do Estado de Sitio encuberto decretado polo Goberno de Rajoy en Madrid, sen precedentes desde hai décadas, decenas de miles de persoas acudiron as citas organizadas pola Plataforma en Pé e a Coordinadora 25-S co obxectivo de rodear o Congreso e demostrarlles aos responsables políticos que o malestar cidadán vai en aumento e se terminou a resignación fronte ás súas mentiras . As iniciais
dúbidas que suscitara a convocatoria foron despexándose cando os obxectivos quedaron máis claros a finais de Agosto. As dúas citas de Paseo do Prado e Praza de España pronto reuniron a miles de persoas que marcharon pacificamente ata Neptuno. Unha vez alí, as cargas indiscriminadas e a violencia policial foron a tónica da noite. Os lanzamentos de pelotas de goma, prohibidos na maioría dos países de Europa, son norma habitual aquí. Os vídeos mostran claramente a brutalidade do corpo antidisturbios, unha tropa de elite cuxo oficio consiste en aporrear á xente, mentir descaradamente sobre presuntos feridos nas súas filas e imputar delitos inexistentes ás persoas que deteñen e torturan nas comisarías. (Pincha no título para continuar)
Neste sentido, mandamos todo o noso apoio e solidariedade aos e ás 35 de detidos/as, que foron enviados á Audiencia Nacional para ser xulgados por delitos contra as institucións para continuar coa escalada represiva, e aos e ás 64 feridos/as e en especial ao compañeiro Ángel, do 15-M de Granada, ferido grave polos golpes de turba policial na súa medula espinal. Xa o dixemos durante a campaña electoral do ano pasado e reiterámolo hoxe: esiximos adisolución inmediata do corpo antidisturbios (UIP) e que se inicie unha investigación para imputar por delitos de abuso de autoridade e lesións aos seus responsábeis. Así mesmo, a inefable Delegada do Goberno en Madrid, Cristina Cifuentes, tamén debería presentar a súa dimisión inmediata por ser a máxima responsable das salvaxes agresións policiais de onte, que tiveron eco en toda a prensa internacional.
Pero o máis importante do 25-S é que unha parte significativa da poboación está perdendo o
medo e a súa denuncia do sistema político e económico é cada vez máis firme e consecuente.
Agora, hai que seguir presionando, mobilizándonos hoxe 26-S en solidariedade coas Folgas
Xerais de Euskal Herria e Grecia e mañá 27 pola educación pública e o venres 28 para
defender o dereito ao aborto. E seguir desgastando ao Goberno ata que renuncie. Ademais,
non hai que perder de vista que a demanda dunha alternativa política de esquerdas que sexa
coherente entre o que di e o que fai vai ir abríndose paso neste contexto de loitas. Desde
Esquerda Anticapitalista queremos contribuír tanto ao reforzamento e impulso das
mobilizacións como á necesaria construción desta alternativa tan leal aos e ás de abaixo
como o son o PP e o PSOE aos de arriba.
No hay comentarios:
Publicar un comentario