viernes, 1 de marzo de 2013

Acto público con Miguel Urbán en Vigo | Crise política: alternativas anticapitalistas


Tempos convulsos nos tocou vivir: tempos de desafuizamentos e rescates á banca, de indignación pero tamén de apatía, de cabreo e frustración, de loitas e de represión. Conforme se fai patente que esta crise do capitalismo é utilizada polas clases dominantes para devolvernos ao século XIX nunha auténtica guerra de conquista, á maioría social, e en concreto á esquerda rupturista e aos movementos sociais se nos abren infinidade de preguntas, pero entre elas hai unha fundamental:

Que alternativas ofrecer para construir maioría, para pasar á ofensiva, para recuperar o sentimento de comunidade, de clase, para organizarnos, para recuperar as nosas vidas, para recuperar o noso pasado, presente e futuro, para aproveitar as fendas que se escomezan a abrir e ir gañando posicións para loitar contra o capitalismo.


Con ánimo de aproximarnos a ese debate vital para a esquerda e @s de abaixo, estará connosco Miguel Urbán, un dos voceiros de Izquierda Anticapitalista, membro do consello editor da revista "Viento Sur" e colaborador habitual de "La Tuerka".

Estades todas e todos convidadas.

E para ir abrindo boca:

"Preguntas a mala leche: Pablo Iglesias versus Miguel Urbán"

http://www.youtube.com/watch?v=wjegN9EwTdM

No hay comentarios:

Publicar un comentario