[Publicamos a declaración dos nosos compañeiros de IA-Andalucia ante os recortes no sector público realizados nesa comunidade polo goberno PSOE-IU. Pensamos que no caso andaluz podemos atopar importantes leccións do que significa para a esquerda gobernar como forza subalterna neste contexto de crise cun partido socialiberal.]

O novo goberno andaluz ademais, nun alarde de cinismo dí
que “non renovar” os contratos dos interinos, non é o mesmo que despedir. Na
práctica destrúense miles de empregos do sector público nunha comunidade
autónoma golpeada xa polo desemprego.
O goberno Griñán-Valderas está a aplicar de feito a
reforma laboral no sector público andaluz: non aplicación de convenios,
reducións salariais unilaterais e modificación das condicións laborais (un
incremento de 2,5h de traballo non remuneradas), e faino co cinismo do
argumento do “imperativo legal”.
O “rebélate” co que pediron os nosos votos converteuse
agora no “resígnate” do xestor do sistema. Coa aprobación destes recortes e o
anuncio da sumisión tamén no tocante ao aumento de taxas na universidade,
certifícase o compromiso do goberno andaluz co paquete neoliberal e a
abdicación de ámbolos partidos de goberno do papel de defensa dun modelo social
solidario e redistributivo que a clase traballadora lles encomendara nas urnas.
Non nos valen as excusas. Ou se está coa clase
traballadora opoñéndose frontalmente a esta imposición autoritaria de recortes,
veña de onde veña, ou actúase de catalizador dos intereses de banqueiros e
financeiros especuladores. Non cabe negociar con dereitos sociais ou
prestacións de servizos públicos namentres se salva á banca.
Agora que desde abaixo empezamos a tecer a nosa propia
marea verde no ensino; agora que empezamos a mobilizar a sectores da
administración da Junta de Andalucía; e agora que tamén na Sanidade comezamos a
subir o termómetro da mobilización, Izquierda Anticapitalista chama a:
- A unidade e á mobilización de todos
os sectores afectados, chamamos a que nas asembleas de traballadores e
traballadoras discutamos como facer converxer todas as mobilizacións
parciais, preparando unha folga de sector público desde abaixo.
- E todo iso estendendo o conflito aos
pais e nais do alumnado, aos usuarios da sanidade, á xuventude precaria
afectada pola merma do emprego público e aos estudantes afectados pola súa
expulsión económica da universidade que hoxe toman facultades e institutos
nun exemplo de dignidade contra a suba das taxas.
- A converxencia coas loitas do
conxunto da clase traballadora (sector privado ou público) e cos
movementos sociais como o 15M.
No hay comentarios:
Publicar un comentario