viernes, 18 de enero de 2013

II Encontro auditoría débeda en Compostela


[Publicamos esta convocatoria por considerala de especial interese por ser a débeda, a espada de Damócles que pende sobre os pobos de Europa]



Diversas organizacións, colectivos comarcais e persoas a nivel particular de toda Galiza realizarán o II Encontro sobre a auditoría da débeda.

O encontro será en Compostela o vindeiro sábado 19 de xaneiro de 10:30 a 14:00h no centro sociocultural de Fontiñas. Tratase da continuación dunha primeira xuntanza que se fixo en outubro e no que colaboraron tres persoas pertencentes ao nodo catalán da Plataforma Cidadana da Auditoría da Débeda (PACD). O encontro ten como obxectivo denunciar o mecanismo de explotación da débeda así como as políticas económicas e financeiras que provocaron a crise e os programas de austeridade que nos están a impoñer para xestionala.

A análise da débeda para esclarecer a lexitimidade o ilexitimidade da mesma é un poderoso instrumento de empoderamento da sociedade que  persigue a transparencia e o control democrático do Estado e os seus
gobernantes. 





ORDE DO DÍA REUNIÓN 19 DE XANEIRO DE 2013

Hora: 10.30 a 14.00.

Local: Centro Sociocultural das Fontiñas. Compostela. 

Participantes: grupos comarcais, persoas individuais e colectivos cos que contacte cada comarca. 
Dinamización: a cargo de Compostela porque a reu é en Compostela, á espera de que as vindeiras sexan noutras comarcas e cada unha se vaia facendo cargo segundo lle toque.

1. Presentacións (breves!!!! :) das persoas asistentes.

2. Presentación dos grupos comarcais:

- Nº de persoas que están participando.
- Cousas feitas até o de agora.

3. Queremos traballar como nodo galego? Prioridades (por onde comezamos e unión de loitas)?

4. Materiais e ferramentas para coordinarnos e para difundir (estatais e propias)

5. Vindeiras datas de interese nas que participar

No hay comentarios:

Publicar un comentario