miércoles, 9 de enero de 2013

O historial dos xigantes do téxtil en Bangladesh

A morte de máis dun centenar de traballadoras e traballadores dun taller téxtil en Novembro en Bangladesh foi a última dunha serie de accidentes que deixan en evidencia un problema estrutural. 

Traballadores da confección de Bangladesh maniféstanse tras o
 incendio da fábrica Fashions Tazreen. Fotografía: Abir Abdullah / EPA
Os incendios e afundimentos nas fábricas de roupa de Bangladesh cobráronse centenares de mortes nos últimos anos. O 24 de Novembro un desastre en maiúsculas mataba máis de un centenar de obreiros e obreiras que traballaban na fábrica Fashions Tazreen, fornecedora de marcas como C&A, Carrefour, Walmart ou Kik, entre outras. Ao chegar á fábrica, os bombeiros comprobaron que non había ninguna saída de emerxencias habilitada e que moitos traballadores salvaron a vida saltando dende as fiestras dos pisos superiores, ainda que quedaron malferidos. 

Os custos que se aforran investidores e grandes firmas producindo en Bangladesh non son soamente os salariais. O investimento en seguridade e na mellora das instalacións é mínimo e non existe control ningún sobre o deterioro das estruturas ou a construcción de novas naves ou o crecimiento vertical dos edificios onde se aloxan os talleres e as fábricas. No interior das edificacións, as traballadoras e traballadores pasan as súas longas xornadas, demasiado a miúdo por enriba das 14 horas diarias durante 6 ou 7 dias á semana, a cambio de salarios duns 30 euros mensuais. 


Un dos casos de afundimiento con máis repercusión internacional e que foi o detonante do comezo dunha liña de traballo entre movimentos internacionais polos dereitos laborais, foi o da fábrica de Spectrum, nas aforas de Dhaka. En 2002, o propietario da fábrica decidiu engadir un piso ao edificio de 4 prantas. Uns días antes da derruba, as traballadoras advertiron algunhas fendas nas paredes da quinta pranta e o 11 de abril de 2005 á unha da madrugada, todo o edificio derrubouse. O accidente causou a morte de 64 persoas e feridas a 70, aínda que a inmensa maioría delas remataban a súa xornada “oficial” ás seis da tarde. A campaña Roupa Limpa e as organizacións locais puideron averiguar que Spectrum traballaba para as empresas KardstadtQuelle, Steilmann, New Yorker, Kirsten Mode y Bluhmod, New Wave Group, Scapino, Cotton Group, Solo Invest, Carrefour, así como para o Grupo Inditex. As organizacións de traballadoras pediron a estas grandes empresas que se implicasen na creación dun fondo de compensación para as vítimas e as súas familias. Tardáronse oito meses en recibir as primeiras compensacións para afrontar os gastos médicos. Os fogares das persoas falecidas recibiron uns 1.000 euros da Asociación de Productores e Exportadores de Roupa de Bangladesh e, algunas das familias das feridas ingresaron 266 euros por decisión dos tribunais laborais. A pesar dos xestos en postivo dalgunha das empresas, unha vez fóra da escasa atención mediática que reciben as fábricas asiáticas, o resultado foi decepcionante. 
Na historia recenté da industrialización bengalí, xa acumulábanse outros moitos desastres antes de Spectrum. Doce persoas mortas en agosto do 2000 no incendio de Globe Knitting, 48 personas mortas en novembro de 2000 no incendio de Sagar Chowdhury Garment Factory (entre elas dez nenos e nenas), 24 personas mortas e máis de 100 feridas en agosto de 2001 en Macro Sweater, nove persoas mortas e mais de 50 feridas en mayo de 2004 en Misc Complex. Depois de Spectrum, as mortes seguiron contándose por centenares. No 2006, un incendo na fábrica Chittagong matou a 50 traballadoras e traballadores e feriu 100 máis. No mesmo ano, o afundimento do Phoenix Building, rematou coa morte de 19 persoas e con 50 máis feridas as que cabería engadir as traballadoras da factoría del Iman Group, que sentiron a explosión e sufriron as consecuencias dunha fuga desordeada dunhas instalacións non preparadas para este tipo de emerxencias. 

En febreiro de 2010 no derrumbamento do Garib & Garib, unha factoría que tiña como grande cliente a empresa sueca H&M, morreron 21 persoas. Tamén atopáronse evidencias de que producirán para EL Corte Inglés (ING) pero a empresa española asegurou que tratábase dun pedido de mostra. En decembro de 2010 morreron 29 persoas no accidente de  That's It Sportwear, una fábrica que traballaba para firmas norteamericanas como The Gap, VF Corporation, JC Penney, Philips Van Heusen (propietaria de Tommy Hilfiger), Abercrombie & Fitch... 


As grandes empresas da moda aseguran que fan auditorías periódicas nas súas factorías provedoras nas que inclúese un apartado sobre a seguridade laboral, pero o certo é que detrás de cada desastre atopamos marcas internacionais implicadas. A campaña Roupa Limpa, fíxose eco moitas veces das demandas dos grupos de traballadoras e dos sindicatos, esixindo ás empresas de moda un compromiso tanxible coa seguridade das personas traballadoras en Bangladesh e noutros países nos que vívense situación semellantes (como no caso de Pakistán). En marzo de 2012 (o grupo propietario das marcas Calvin Klein e Tommy Hilfiger, parte implicada nalgunhos dos accidentes máis relevantes) asinou un memorando de entendemento (ING) cos sindivcatos de Bangladesh, a campaña Roupa LImpa e grupos de defesa dos dereitos laborais activos no país, para previr futuros accidentes laborais masivos. Tras meses de presións e conversacións, Tchibo tamén asinou o MoU no outono de 2012. Pequenos avances nun sector no que a explotación laboral e os abusos son estruturais. 




Albert Sales i Campos. Coordinador da Campaña Roupa Limpa en Catalunya  

03/01/13 


Artigo aparecido en Diagonal: http://www.diagonalperiodico.net/global/historial-gigantes-del-textil-bangladesh.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario