Mudámosnos de xeito permante a:
jueves, 28 de marzo de 2013
martes, 12 de marzo de 2013
Os pobos do Sur de Europa han de converxer cara a unha alternativa supranacional | Daniel Albarracín
[Intervención d noso compañeiro Daniel Albarracín en Atenas no Encontro da Esquerda Anticapitalista Europea. 01/03/2013]
.jpg)
O propósito da miña intervención é compartir, en primeiro lugar, unha caracterización sobre as políticas do Partido Popular no noso país. Centrareime sobre todo na esfera económica e laboral. Nunha segunda parte, exporei algunhas cuestións sobre que estratexia considero de interese para os e as traballadoras europeas, partindo do impulso das resistencias no Sur de Europa. Sinalarei algúns puntos que refiren a un posible programa de transición que nos permita conmover as estruturas da UE, romper coas súas políticas e institucións neoliberais, e, dado o caso, construír unha nova área supranacional solidaria e alternativa en ruptura co capitalismo.
1. O carácter de clase do goberno do Partido Popular
O carácter da política do Partido Popular, supón un novo salto cualitativo, a partir dunha liña de xestión neoliberal imposta desde hai tempo.
Os grupos de presión da banca privada esixen, ante a súa crise, baixo a pantasma do rescate á economía española, un carácter novo á axenda política. Impoñen unha política de austeridade no gasto público en determinados capítulos sociais e laborais. Trátase de liberar recursos para salvar á banca.
Desde 2010, a banca centroeuropea é presa do pánico ante un risco certo e moi probable de falta de pagamentos das débedas.
domingo, 10 de marzo de 2013
Manifesto Antifascista Europeo
![]() |
Cartaz en Francia de apoio ao pobo grego durante a ditadura dos coroneis. |
Como nos anos vinte e
trinta, a causa xeradora desta ameaza neofascista e de extrema
dereita é a profunda crise económica, social, política e tamén
ética e ecolóxica do capitalismo que, tomando como pretexto a crise
da débeda, está levando a cabo unha ofensiva sen precedentes contra
o nivel de vida, as liberdades e os dereitos dos traballadores,
contra todos os e as de abaixo.
Aproveitándose do medo
dos podentes ante os riscos de explosión social, así como da
radicalización das clases medias alcanzadas pola crise e as
draconianas políticas de austeridade, e da desesperación dos
parados marxinados e pauperizados, a extrema dereita e as forzas
neonazis e neofascistas estanse a desenvolver en toda Europa; e
adquiren unha influencia de masas sobre as capas desherdadas ás que
dirixen sistematicamente contra tradicionais e novos cabezas de turco
(os inmigrantes, os musulmáns, os xudeus, os homosexuais, os
minusválidos...) así como contra os movementos sociais, as
organizacións de esquerda e os sindicatos obreiros.
É certo que a influencia
e a radicalidade desta extrema dereita non son as mesmas en toda
Europa. Con todo, a xeneralización das políticas de austeridade
draconiana ten como consecuencia que o ascenso da extrema dereita
sexa xa un fenómeno case xeral. A conclusión é evidente: o feito
de que o ascenso impetuoso da extrema dereita e a emerxencia dun
neofascismo ultraviolento de masas non sexa xa a excepción á regra
europea obriga aos antifascistas deste continente a enfrontarse a
este problema na súa xusta dimensión, é dicir, en tanto que
problema europeo!
sábado, 9 de marzo de 2013
Eleccións en Italia (II) | Varios Autores
Rifondazione
Comunista, surrealismo postelectoral
Franco
Turigliato
A
secretaría de Rifondazione Comunista anuncia que presentará a súa
dimisión no próximo comité nacional do partido publicando un
comunicado con pasaxes polo menos surrealistas que merecen algunhas
graves consideracións. Este ademais carece dunha referencia á
gravidade dos erros cometidos por este partido e á necesidade dunha
reflexión en profundidade que revise non só as decisións de hoxe,
senón tamén dos moitos anos pasados dos cales as últimas son
fillas.

Pero,
como podía esta lista, pola forma en que se fixo, os seus contidos e
perfil político elixido, polas características do seu candidato e
aparecendo como unha improvisada lancha de salvamento para algúns
partidos en dificultade e poder garantir un novo desembarco no
parlamento dos seus desgastados líderes, levar a cabo esa función
cando baixo os golpes da crise e a austeridade no país medra un
enorme sufrimento en amplos sectores de masas? Recomendamos a análise
lúcida e desapiadada de Guido Viale en “Il Manifesto” e as notas
de Antonio Moscato.
Queremos
unicamente subliñar que Rifondazione desempeñou un papel totalmente
negativo na convocatoria de “Cambiar pódese”: por unha banda,
condicionando o debate e as dinámicas internas (nas asembleas e o
gran esforzo por determinar o desenvolvemento do referendo online) e
ao mesmo tempo tecendo o acordo con outros partidos escondidos detrás
de Ingroia de costas ao movemento, conseguindo ao final facer
fracasar a orixinalidade do proxecto e “absorber” a unha parte
dos protagonistas na lista Ingroia.
Rifondazione,
cun acto absolutamente autodestructivo para preservar aos seus dous
líderes, foi ata capaz de excluír da lista do Piemonte a unha
compañeira como Nicoletta Dosio, protagonista indiscutíbel,
xenerosa e críbel do Movemento Non TAV desde as súas afastadas
orixes, dando así luz verde ao moi merecido éxito dos “grillini”
(seguidores de Beppe Grillo) no Val de Susa. Naturalmente era posíbel
outra opción, a de favorecer ao máximo a construción desta lista
desde abaixo, centrándose na renovación, na activación de novas
enerxías nun proceso máis lento pero máis capaz de interpretar o
desgusto social e a oposición ás políticas de austeridade.
viernes, 8 de marzo de 2013
As mulleres non pagamos nin a crise nin a débeda do 1%
Declaración de Esquerda Anticapitalista ante o 8 de marzo
Ler a crise exclusivamente en clave económica, laboral ou de servizos públicos, con todo, xa non é suficiente. Nunca o foi. Unha mirada feminista e anticapitalista ás mesmas móstranos que o noso traballo e a nosa loita deben ir moito máis alá. Empezamos a crise denunciando a invisibilidade dos impactos de xénero da crise, particularmente no que se refire ás dramáticas condicións laborais de moitas mulleres no Estado español. Despois pasamos a denunciar que os recortes nos servizos públicos, particularmente en Sanidade, Educación e Servizos Sociais, ademais de deixar a amplos colectivos sociais en situación moi vulnerábel, fan recaer de novo sobre as mulleres o coidado, o traballo e a responsabilidade que as administracións se están a quitar de enriba. Iso fixo que a carga global de traballo (que inclúe o asalariado e o non asalariado) das mulleres se multiplicara dende os inicios da crise. Dito doutro xeito, as mulleres non só teñen que traballar máis horas a cambio dun salario menor para poder manter ás súas familias, senón que deben coidar de todos e todas aqueles familiares con necesidades de coidado dos que o Estado se desfai como carga improdutiva e parasitaria. “Para que seguir pagando por servizos públicos que poden facer tranquilamente as mulleres na súa casa a cambio de nada?” Pregúntanse Mariano Rajoy e tódoloss seus compadres.
Solidariedade co pobo venezolano ante a morte de Hugo Chávez
Comunicado de Esquerda Anticapitalista

Hoxe máis que nunca queremos expresar o noso apoio ao proceso bolivariano, liderado ata a súa enfermidade polo comandante Chávez, pero referendado, participado e defendido pola maioría do pobo de Venezuela elección tras elección. O presidente Chávez sempre destacou internacionalmente pola súa estatura antiimperialista, polo seu apoio incondicional aos pobos oprimidos, marxinados e explotados polas grandes potencias europeas ou estadounidenses. Sempre deu exemplo coa súa postura clara e firme respecto da causa palestina e o seu rexeitamento frontal ao apartheid israelí, así como co seu incondicional apoio aos pobos do Caribe en loita contra o imperialismo e as oligarquías.
Queremos lanzar dende Esquerda Anticapitalista unha mensaxe de esperanza e de profundo apoio, coa convicción de que chegou a hora do pobo. Chegou a hora de afondar no proceso bolivariano, sen ningún tipo de concesión a calquera inxerencia estranxeira. Agora o pobo venezolano, que se dotou de xeito participado dunha Constitución, debe converterse nestas semanas no único e auténtico protagonista, conscientes de que é o pobo de Venezuela o único garante da continuidade da revolución bolivariana.
Desde Esquerda Anticapitalista defendemos sempre o proceso bolivariano fronte ao imperialismo estranxeiro e á oligarquía venezolana, e mostramos nosa firme solidariedade activa con el, malia as diferenzas co presidente Chávez respecto, por exemplo, á súa posición sobre a revolucións árabes ou sobre como afondar nos procesos de ruptura coas clases dominantes venezolanas e ir máis aló do modelo petroleiro. É posíbel que sen Chávez non houbese revolución. Agora estamos seguros de que sen o pobo venezolano non haberá continuidade da mesma. Por iso, desde Esquerda Anticapitalista e cun sentimento profundo de tristeza pola perda do comandante, queremos facer un chamamento á unidade de todas as persoas revolucionarias en Venezuela, que hoxe son multitude.
O proceso bolivariano debe afondar e avanzar na construción dunha dirección colectiva para esta nova etapa na que as forzas reaccionarias intentarán bloquear a dinámica de cambio aberta por Chávez. Un saúdo internacionalista e solidario. Adiante o pobo de Venezuela coa revolución bolivariana!
Que a terra lle sexa leve, comandante Chávez.
6 de marzo de 2013
jueves, 7 de marzo de 2013
10 de marzo: día da clase obreira galega | Cartaz
Eleccións en Italia | Varios autores
[Publicamos tres artigos de autores italianos sobre as pasadas eleccións xerais. Andrea Martini e Salvatore Cannavó son militantes de Sinistra Crítica, a nosa organización irmá en Italia, e reflexan a visión de parte da extrema esquerda italiana. Wu Ming é un colectivo de autores italianos. Os tres foron escritos entre o 25 e o 26 do pasado mes de febreiro]
Unha primeira análise en quente das eleccións
Andrea Martini.
Os resultados chegan con lentitude, intercalados por improbábeis e inaprazábeis enquisas, e entrelázanse coas normas trapalleiras e antidemocráticas dunha lei electoral feita para conservar o poder e non para medir leal, correctamente e de xeito transparente a vontade dos electores. Con todo, a avaliación dos resultados de fondo e o marco post-electoral defínese con claridade. O resultado estoupa todas as previsións e desexos: a “máquina de guerra” de Bersani falla no seu obxectivo, e unha vez máis, o desexo do PD de facerse cargo do goberno aproveitando unha presunta ruptura entre os principais membros da clase dominante e o persoal político da dereita berlusconiana fréase.
E seguen moi decepcionados os outros grandes actores da política: os “mercados” e os tecnócratas da UE e do BCE que observan con terror a posibilidade e perspectiva de gran ingobernabilidade nun país crucial como Italia. Certamente o seu home de referencia en Italia era Monti, pero eran todos conscientes que Supermario podería como máximo xogar un papel de apoio e condicionamento dun goberno presidido por Bersani. En cambio, probábelmente o parlamento quedará marcado de xeito determinante non só polo éxito de Grillo, senón tamén e sobre todo pola súa derrota e o redimensionamento do proxecto centrista.
O resultado das listas do Movemento 5 estrelas, aínda que prevista non menos dramática e devastadora para os equilibrios políticos entre as forzas tradicionais do mundo institucional italiano, é sen dúbida o máis destacado dos resultados das eleccións do 24 e 25 de Febreiro. O éxito das listas de Beppe Grillo manifesta dun xeito potente a propagación do rexeitamento popular da política da corrupción e da austeridade, particularmente nos mozos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)